Tratado de Brest-Litovsk
Tratado de Brest-Litovsk | |
---|---|
Xerografía da primeira páxina do tratado de paz de Brest-Litovsk entre a Unión Soviética e Alemaña, Imperio austrohúngaro, Bulgaria e Turquía, asinado en marzo de 1918. | |
Tipo de texto | Tratado de paz |
Ratificación | 3 de marzo de 1918 |
Derogación | 11 de novembro de 1918 (armisticio de Mudros) |
Lingua | De esquerda a dereita da imaxe, as columnas están escritas en: alemán, húngaro, búlgaro, turco otomán e ruso. |
O Tratado de Brest-Litovsk foi un tratado de paz asinado o 3 de marzo de 1918 na cidade belarusa de Brest-Litovsk (daquela baixo soberanía rusa, actual Brest) entre o Imperio alemán, Bulgaria, o Imperio Austrohúngaro, o Imperio Otomán e a Rusia soviética.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Tras a revolución bolxevique Lenin decidiu retirar a Rusia da guerra a calquera prezo. Asinouse o tratado de paz de Brest-Litovsk o 3 de marzo de 1918, en virtude do cal Rusia cedía extensos territorios:
No tratado, Rusia
- Renunciaba a Finlandia, Polonia, Estonia, Livonia, Curlandia, Lituania, Ucraína e Besarabia que, a partir de entón quedaron baixo o dominio e a explotación económica dos Imperios Centrais.
- Retirábase de Ucraína, e recoñía a súa independencia, e o tratado asinado entre este país e Alemaña o 9 de febreiro de 1918.
- Entregaba Ardahan, Kars e Batumi ao Imperio Otomán.
- Finalmente, pagábase unha forte indemnización de guerra.
Con este tratado, Alemaña reforzou a fronte occidental con efectivos orientais.
Porén, o tratado non foi recoñecido polos aliados que, tras a derrota alemá na primeira guerra mundial, anulárono no armisticio de Mudros, asinado o 11 de novembro de 1918.
Case todas as perdas rusas xa foran recuperadas en 1940. Soamente Finlandia e Turquía, sucesora do Imperio Otomán, conservaron os territorios recibidos en Brest-Litovsk.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brest-Litovsk and its consequences" en War and Revolution in Russia 1914 - 1921. BBC. Consultada o 19/03/2014.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |