Tratado de Pinckney
O Tratado de Pinckney é un tratado entre España e os Estados Unidos. Tamén se coñece como Tratado de San Lorenzo ou Tratado de Madrid de 1795.
Historia
[editar | editar a fonte]O tratado foi presentado ao Senado dos Estados Unidos o 26 de febreiro de 1796 e despois de varias semanas de debate foi ratificado o 7 de marzo de 1796. Foi ratificado por España o 25 de abril de 1796 e nesa data intercambiáronse as ratificacións. O tratado foi proclamado o 3 de agosto de 1796.
Contido
[editar | editar a fonte]Definía os límites dos Estados Unidos coas colonias españolas e garantiu os dereitos de navegación dos Estados Unidos no río Mississippi. O título completo do tratado é Tratado de amizade, límites e navegación entre España e os Estados Unidos (en inglés Treaty of Friendship, Limits, and Navigation Between Spain and the United States[1]). Thomas Pinckney negociou o tratado para os Estados Unidos e don Manuel Godoy representou a España. Entre outras cousas, puxo fin á primeira fase da Controversia da Florida Occidental, unha disputa entre as dúas nacións polos límites da colonia española de Florida Occidental.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pinckney's Treaty". George Washington's Mount Vernon (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tratado de Pinckney ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |