Treroninae
Treroninae Treroninos | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hemiphaga novaeseelandiae | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A dos treroninos (Treroninae), coñecidos ba bibliografía internacional como pombas das froitas, é unha subfamilia de ave pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, que se distribúen polas rexións meridionais do Vello Mundo, encontrándose en África e no sur de Asia, pero tamén en Australia, así como en moitas illas do océano Pacífico.
Características
[editar | editar a fonte]As pomabas das froitas teñen un corpo robusto, un pico curto e groso, as pata curtas e fortes, as ás de tamaño mediano e unha cola curta, formada por catorce plumas, xeralmente rectas, rara vez con forma de cuña alongada. Chama a atención a plumaxe vividamente coloreada dalgunhas especies, o que as distingue das especies, na súa maioría de cor gris, da subfamilia das columbinas.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]O nome de "pombas das froitas" refírese á nutrición de moitas das especies desta subfamilia de pombas. Viven nas árbores e aliméntanse principalmente, case exclusivamente, de froitas. Algunhas das especies teñen adaptacións especiais do tracto gastrointestinal para dixeriren os froitos.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1840 polo zoólogo e escritor inglés, especializado en ornitoloxía, George Robert Gray, irmán máis novo do tamén zoólogo John Edward Gray,[2] na páxina 57 da súa obra A list of the genera of birds: with their synonyma an indication of the typical species of each genus.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da subfamilia está formado pola adición ao noe do seu xénero tipo, Treron, do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo basónimo, actualmente válido, a subfamilia foi coñecida tamén polo nome de Alectoroenas Agassiz, 1846, desbotado en virtude da regra da antigüidade.[3]
Especies
[editar | editar a fonte]Na subfamilia recoñécense os dez xéneros seguintes:[4][5]
- Alectroenas G. R. Gray, 1840
- Cryptophaps Salvadori, 1893
- Drepanoptila Bonaparte, 1855
- Ducula Hodgson, 1836
- Gymnophaps Salvadori, 1874
- Hemiphaga Bonaparte, 1854
- Lopholaimus Gould, 1841
- Phapitreron Bonaparte, 1854
- Ptilinopus Swainson, 1825
- Treron Vieillot, 1816
Porén, de acordo con estudos recentes de xenética molecular, as chamadas "pombas verdes" (xénero Treron) foron desvinculadas deste grupo, para formaren un taxon monofilético.[6] Segundo isto, as pombas verdes forman agora a tribo dos Treronini. As restantes pombas das froitas, coa excepción das pombas de froitas marróns (xénero Phapitreron), forman a tribo dos Ptilinopini. Estes dous grupos están relacionados (e incluídos) con outros na subfamilia recentemente creada dos Raphinae, que tamén inclúe o extinto dodo (Raphus cucullatus).[Cómpre referencia]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cadow, C. (1933): "Magen und Darm der Fruchttauben". Journal für Ornithologie 81 (1): 236–252.
- ↑ "Gray, George Robert (1808–1872)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford, UK: Oxford University Press.
- ↑ Alectoroenas Agassiz, 1846 en Nomenclator Zoologicus.
- ↑ Treroninae no ITIS.
- ↑ Goodwin, Derek (1983): Pigeons and Doves of the World, 3rd edition. Ithaca, Nova York, USA: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-1434-3.
- ↑ Shapiro, Beth, et al. (2002): "Flight of the Dodo", Science 295 (5560): 1683.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Treroninae |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo J., Elliott A. & Sargatal J. (1997): Handbook of the Birds of the World, Volume 4, Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-422-1.
- Josep del Hoyo & Nigel J. Collar, con David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool (2014): Illustrated Checklist of the Birds of the World, volume 1 (Non-passerines), Handbook of the Birds of the World. BirdLife International, Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.
- Worthy, T. H.; Hand, S. J.; Worthy, J. P.; Tennyson, A. J. D. & Scofield, R. P. (2009): "A large fruit pigeon (Columbidae) from the Early Miocene of New Zealand". The Auk: Ornithological Advances 126 (3): 649–656.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Treroninae na ADW.