Tribuna Gallega
Aparencia
Tribuna Gallega | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tribuna Gallega foi unha revista editada en Madrid entre 1914 e 1915.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 1 de febreiro de 1914. Orientada aos emigrantes galegos, estaba dirixida por Eugenio Elices Gasset e, a partir de novembro dese ano, por Ramón de Artaza Malvárez. Incluíu información sobre actividades das colectividades galegas en América, crónica de actualidade e colaboracións literarias. Cesou a súa publicación o 15 de abril de 1915.