Tricholoma
xénero Tricholoma | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tricholoma equestre | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
'Tricholoma equestre' |
O xénero Tricholoma, as tricolomas, contén un gran número de cogomelos da orde Agaricales. Os seus corpos frutíferos adoitan ser carnosos e de esporada branca, e a súa distribución mundial, medrando xeralmente en áreas boscosas. Son fungos ectomicorrizos, que se desenvolven en simbiose con varias especies de coníferas e outras árbores. O nome xenérico deriva do grego τριχος "pelo" e λομα "flocos", aínda que só unhas poucas especies (como T. vaccinum) teñen chapeus vilosos que se axusten a esa descrición.
Algunhas especies ben coñecidas son do leste de Asia (Tricholoma matsutake, o matsutake), e de América do Norte (Tricholoma magnivelare, o matsutake americano). Algunhas son bos comestíbeis, mais outras son velenosas (T. pardinum, T. tigrinum, T. equestre).
En Galiza son comúns o tortullo, o ratiño e o cogomelo dos cabaleiros.
Moitas especies orixinalmente descritas dentro de Tricholoma foron trasladadas a outros xéneros. Isto inclúe o pé azul (Lepista nuda) (antes Tricholoma nudum), Lepista personata (antes Tricholoma personatum) ou Calocybe gambosa (antes Tricholoma gambosum).
Lista de especies
[editar | editar a fonte]- Tricholoma albobrunneum
- Tricholoma argyraceum
- Tricholoma auratum - Tricholoma dourada.
- Tricholoma colossus
- Tricholoma columbetta - Tricholoma pomba.
- Tricholoma equestre (antes T. flavovirens) - Cogomelo dos cabaleiros, tortullo dos cabaleiros[1].
- Tricholoma eucalypticum
- Tricholoma fulvum
- Tricholoma imbricatum
- Tricholoma magnivelare - fungo de piñeiros, matsutake americano.
- Tricholoma matsutake - matsutake.
- Tricholoma orirubens
- Tricholoma pardinum
- Tricholoma pessundatum
- Tricholoma populinum
- Tricholoma portentosum
- Tricholoma saponaceum
- Tricholoma scalpturatum
- Tricholoma sejunctum
- Tricholoma squarrulosum
- Tricholoma sulphureum - Tricholoma xofre.
- Tricholoma terreum (= T. myomyces) - Ratiño
- Tricholoma tigrinum
- Tricholoma ustale
- Tricholoma vaccinum - Tricholoma escamosa.
- Tricholoma virgatum
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marcel Bon : The Mushrooms and Toadstools of Britain and North-western Europe (Hodder & Stoughton 1987). ISBN 0-340-39935-X
- Régis Courtecuisse, Bernard Duhem : Guide des champignons de France et d'Europe (Delachaux & Niestlé, 1994-2000). ISBN 2-603-00953-2