Triticum durum
Aparencia
(Redirección desde «Trigo duro»)
Triticum durum | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Espigas do trigo molar | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Triticum durum' L. |
O trigo duro, trigo molar ou trigo inchado (Triticum durum ou Triticum turgidum) é unha especie común de cereal do xénero Triticum que pertence aos trigos tetraploides por mor á súa conformación de 28 cromosomas.
É unha das especies de trigo con máis alto valor nutritivo, xa que ten un alto contido en glute e está conformado dun 12 a 14% de proteína. É unha especie moi resistente á seca e ás doenzas, malia render menos ca outras especies de trigo.
Emprégase principalmente na elaboración de macarróns, espaguetes e outras pastas así como da sémola do cuscús.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triticum durum |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Triticum durum |