Trinquet del Genovés
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
O Trinquet del Genovés é o trinquet na vila do Genovés, anexo ao Museu da Pelota valenciana. Pasou á historia deste deporte non só por ser berce de numerosos pilotaris (as sagas dos Genovés, Sarasol, Pigat etc...), senón que ademais foi innovador nas retransmisións televisivas debido a unhas radicais reformas.
A Cancha
[editar | editar a fonte]O trinquet do Genovés é dos máis curtos, con só 52,2 m de lonxitude, por 9,5 m de ancho. As medidas reducíronse en 2 m por mor da remodelación feita no 2008, en que se substituíron as paredes dos frontóns por cristais blindados e deixouse atrás espazo para as cámaras de televisión.
É un trinquet cuberto, con galerías no dau (onde hai un marcador electrónico), no rest e sobre a muralla da escaleira. Así mesmo, a llotgeta de alto é máis pronunciada que a llotgeta de abaixo, mais o suficientemente elevada, de xeito que non dificula a caiguda d'escala (caída da escaleira).
Ten capacidade para 1.000 espectadores, repartidos entre a escala, as llotgetes de alto e de baixo, e as galerías do dau, do rest e da muralla do dau.
Retransmisións televisivas
[editar | editar a fonte]O 4 de xullo de 2008, Punt 2 vai retransmitir a primeira partida en directo trala remodelación, correspondente á segunda final da Copa Diputació de 2008, que presentaba coma novidade unha serie de reformas que buscaban mellorar a visibilidade das xogadas por televisión, así como pasar das catro cámaras habituais ás nove, algunhas delas en novas localizacións. Por un custo de arredor de 120.000 € esta remodelación incluíu:
- Nova pintura, azul, nas paredes.
- Substitución das paredes dos frontóns e a escaleira do trinquet por cristais blindados, para colocar detrás cámaras que ofrecen novos ángulos.
- Nova iluminación para igualar a luz por todas partes e contrastar mellor as paredes e a pelota. As paredes azuis, porén, causan que a visibilidade sexa peor nas horas do día, de forma que fai falta empregar luz artificial sempre. Así mesmo, o foco aumenta a temperatura do trinquet até os 39 °C .
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museo da Pelota do Genovés
- Ficha do Trinquet del Genovés, no Museu da Pelota
- Trinquet azul:
- Reformas Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Primeira retransmisión Arquivado 09 de marzo de 2012 en Wayback Machine.