Saltar ao contido

Triploblásticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os triploblásticos ou triblásticos son animais (metazoos) en cuxo desenvolvemento embrionario temperán se diferencian tres follas embrionarias ou capas de tecido embrionario: ectoderma, endoderma e mesoderma. Esta última está ausente nos diploblásticos, cuxo nome alude á presenza de só dúas follas embrionarias (por exemplo, no caso dos cnidarios).

Os triblásticos forman un clado, é dicir, suponse que son monofiléticos, xa que se cre que todos derivan dun mesmo antepasado común; é unha característica presente en todos os animais do clado Bilateria (bilaterais), e hai hoxe algúns estudos que propoñen a posíbel triploblastia nun grupo de animais radiados, os ctenóforos.[1][2]

A sistemática dos triploblásticos baséase no destino do blastóporo embrionario; así, distínguense dúas grandes liñaxes:

  1. Martindale, Mark Q.; Henry, Jonathan Q. (outubro de 1999). "Intracellular Fate Mapping in a Basal Metazoan, the Ctenophore Mnemiopsis leidyi, Reveals the Origins of Mesoderm and the Existence of Indeterminate Cell Lineages". Developmental Biology (en inglés) 214 (2): 243–257. doi:10.1006/dbio.1999.9427. 
  2. Sieving, R. (2009-04-27). "Mesoderm bei Ctenophoren". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research (en inglés) 15 (1): 1–8. doi:10.1111/j.1439-0469.1977.tb00529.x. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Para información detallada sobre as características, filoxenia e grupos incluídos nos triblásticos véxase: