Tricio
O tricio[1] ou tritio[2], terceiro isótopo do hidróxeno, é o menos común. O seu núcleo consta dun protón e dous neutróns. É un isótopo radioactivo que ten unha vida media de 12,3 anos.
Características
[editar | editar a fonte]O ter no seu núcleo tres nucleóns que participan na interacción forte, e só un protón cargado electricamente, co tritio pódese realizar fusión nuclear máis facilmente que co isótopo máis común do hidróxeno.
O tritio(Hidróxeno-3) é un isótopo de gas hidróxeno. Pode ser feito polo ser humano, pero tamén é unha substancia que se produce naturalmente pola acción de raios cósmicos e a degradación do núclido radioactivo natural en rochas e na terra. É un gas incoloro e inodoro, máis livián que o aire. Está presente no aire e na auga en todo o mundo e é habitualmente inxerido e respirado por todos. Todos os seres humanos temos trazas de tritio así como outros isótopos radioactivos que ocorren naturalmente.
Moitos isótopos son estables e reteñen a súa estrutura indefinidamente. Porén, algúns isótopos, incluído o tritio, non son estables e dise que son radioactivos. A medida que o núcleo do tritio se degrada, emite un electrón, causando unha liberación de enerxía en forma de radiación beta. Formase entón un novo núcleo con dous protóns e un neutrón, de forma tal que se converte nunha forma non radioactiva de helio.
As emisións de tritio beta son moi febles. Non se emite ningunha outra radiación primaria. En efecto, o tritio emite o nivel máis baixo de enerxía por radiación beta que todos os isótopos. As partículas beta son facilmente detidas por finas capas de calquera material sólido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tricio.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tritio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tricio |