Trofeo Memorial Miguel Ángel
Aparencia
Tipo | torneo amistoso de fútbol |
---|---|
Organizador | Ourense Club de Fútbol |
Número de participantes | 2 |
Localización e Datas | |
Localización | Ourense (provincia de Ourense) 42°20′08″N 7°51′51″O / 42.33556, -7.86406 |
País | España |
Vixencia | 2024 – |
O Trofeo Memorial Miguel Ángel é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar dende 2024 na cidade da Ourense. Honra a memoria do histórico porteiro ourensán Miguel Ángel.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi creado en 2024 da man do Ourense CF e a Peña Madridista Miguel Ángel, na honra do histórico porteiro ourensán Miguel Ángel, xogador durante case dúas décadas do Real Madrid e internacional coa selección española.[1] O primeiro equipo convidado foi o Deportivo da Coruña, que acabou gañando a edición inaugural, tras vencer ao Ourense por 0-4.[2]
Edicións
[editar | editar a fonte]Nº | Ano | Campión | Final | Subcampión |
---|---|---|---|---|
I | 2024 | Deportivo da Coruña | 4−0 | Ourense |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Equipo | Títulos | Anos |
Deportivo da Coruña | 1 | 2024 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "El Ourense CF rinde homenaje a Miguel Ángel". Faro de Vigo (en castelán). 10 de agosto de 2024. Consultado o 10 de agosto de 2024.
- ↑ "O Dépor inicia a DéporXira Auga de Parada cun triunfo ante o Ourense CF para levar o I Trofeo Miguel Ángel (0-4)". 23 de xullo de 2024. Consultado o 10 de agosto de 2024.