Trompeta de varas
Trompeta de varas | |
---|---|
Reconstrución moderna dunha trompeta de varas similar ás usadas no século XV. | |
Información | |
Clasificación | Vento metal |
Tesitura | |
Instrumentos relacionados | Trompeta, trombón, Trompeta pocket, trompeta piccolo, trompeta baixa, fliscorno, corneta, trompa |
Músicos notables |
A trompeta de varas, tamén coñecida como trompeta slide, trombón soprano ou trompeta bastarda é un instrumento de vento-metal da familia da trompeta. Ao longo da historia existiron dous instrumentos diferentes pero chamados de igual forma: a trompeta de varas do século XV, cunha parte escorregadiza que era un tubo que saía desde o tudel e se introducía no corpo do instrumento, e a trompeta de varas moderna, que posúe unha vara escorregadiza similar á do trombón.
Historia
[editar | editar a fonte]A trompeta de varas comezou a utilizarse no Renacemento. Estaba formada por unha prolongación da boquilla que se unía ao primeiro tubo que se deslizaba uns 40 centímetros, introducíndose no corpo do instrumento. O movemento cara a dentro e fóra realizábao o instrumento. Co sistema da vara pretendíase ampliar o rexistro do instrumento máis alá da serie harmónica. A Igrexa Católica aceptou o uso da trompeta de varas, cousa que até entón non fixera, e escribíronse algunhas composicións nas que se empregaba este instrumento, como son: a Missa trompetta, Ave Virgo ou Missa Tubae. Esta era a trompeta utilizada por Johann Sebastian Bach nas súas cantatas e tivo unha grande aceptación en Inglaterra.
Trompeta de varas moderna
[editar | editar a fonte]Na actualidade existe un instrumento diferente da trompeta de varas utilizada desde o Renacemento. Dita trompeta posúe unha vara similar á do trombón, que é a que se desliza, ao contrario do que sucedía coa trompeta antiga na que a parte escorregadiza era o tubo do tudel que se introducía no corpo do instrumento. A vara da trompeta moderna é proporcional ao tamaño do instrumento e ten as sete posicións dun trombón convencional para as notas musicais. A trompeta de varas moderna ten un rexistro exactamente igual á trompeta tradicional de pistóns, pero a súa execución é moito máis lenta comparada coa de pistóns. Normalmente a tonalidade da trompeta de varas é si bemol.
Xeralmente, este instrumento está logrado para que nenos de curta idade poidan estudar o mecanismo da vara, de cara a tocar o trombón de varas nun futuro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trompeta de varas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Millán Esteban, Ángel (1985). Expomúsica Pacheco, ed. Programa de estudios sobre los orígenes de la trompeta y su evolución en la historia musical. p. 54. ISBN 9788439856498.
- Andrés, Ramón (1995). Bibliograf, ed. Diccionario de instrumentos musicales: de Píndaro a J.S. Bach. p. 540. ISBN 9788471538192.
- Michels, Ulrich (2003). Alianza, ed. Atlas de la música 1.
- Merino de la Fuente, J. Mariano (2006). Editorial Club Universitario, ed. Las vibraciones de la música . p. 421. ISBN 9788484545361.