Tselina-R
Aparencia
Tselina-R (índice GRAU 11F619M), foi unha serie de satélites de recoñecemento electrónico da Unión Soviética en primeiro lugar e despois de Rusia.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Tselina-R eran versións melloradas dos Tselina-D. Tiñan unha masa de 2000 kg, 2 paneis solares e eran inxectados en órbitas de 544 x 566 km. Só se lanzaron catro, todos desde o cosmódromo de Plesetsk mediante foguetes Tsiklon-3.[2][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[2][1] | Data de lanzamento[2][1] | Foguete lanzador[2][1] | Notas[2][1] |
---|---|---|---|
Tselina-R 1 | 10 de decembro de 1986 | Éxito | Tsiklon-3 |
Tselina-R 2 | 30 de xaneiro de 1990 | Éxito | Tsiklon-3 |
Tselina-R 3 | 13 de xuño de 1991 | Éxito | Tsiklon-3 |
Tselina-R 4 | 16 de abril de 1993 | Éxito | Tsiklon-3 |