Saltar ao contido

Tsitsi Dangarembga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTsitsi Dangarembga

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Mutoko (Cimbabue) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
Universidade de Zimbabwe (pt) Traducir
Arundel School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, dramaturga, directora de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeOlaf Koschke Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih,
Metzler Autorinnen Lexikon (en) Traducir, (p.117–118) >>>:Dangarembga, Tsitsi Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0199483 Allocine: 430661 Allmovie: p212811
LinkedIn: tsitsi-dangarembga-02556872 Editar o valor en Wikidata

Tsitsi Dangarembga, nada en Mutoko en 1959, é unha escritora e directora cinematográfica de Cimbabue.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia da clase alta, pasou parte da súa infancia en Inglaterra, comezou medicina en Cambridge, pero tras a caída do réxime branco no seu país volveu a Cimbabue e comezou a estudar psicoloxía na Universidade de Cimbabue, ao tempo que participaba no grupo de teatro universitario.[1]

Fíxose coñecida pola publicación da novela, Nervous Conditions en 1988.[1] En 1996 dirixiu o seu primeiro filme, Everyone's Child, o primeiro dirixido en Cimbabue por unha muller negra.[1]

En outubro de 2021, Tsitsi Dangarembga recibiu o Premio da Paz da Feira do Libro de Frankfurt. Este prestixioso premio, dotado con 25.000 euros de premio, é un dos máis importantes do mundo editorial.[2][3][4]

Literatura

  • The Letter, 1985
  • She No Longer Sweeps, 1987 (teatro)
  • Nervous Conditions, 1988 (novela)
  • The Book of Not: A Sequel to Nervous Conditions, 2006

Cinema

  • Everyone's Child, 1996 (longametraxe)
  • Kare Kare Zvako, 2004 (curtametraxe)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Know Your Author: Dangarembga". The Herald (en inglés). Consultado o 2024-03-04. 
  2. Anderson, Porter (2021-10-24). "In Frankfurt: Tsitsi Dangarembga Receives the German Peace Prize". Publishing Perspectives (en inglés). Consultado o 2024-03-04. 
  3. "Zimbabwe's Tsitsi Dangarembga wins prestigious German prize". AP News (en inglés). 2021-06-22. Consultado o 2024-03-04. 
  4. "German Peace Prize goes to Tsitsi Dangarembga – DW – 06/21/2021". dw.com (en inglés). Consultado o 2024-03-04.