Saltar ao contido

Tudhaliyas I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTudhaliyas I
Biografía
Nacementoséculo XV a. C. Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XIV a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNikal-mati Editar o valor en Wikidata
FillosQ1104156, Ašmu-nikal, Arnuwandas I Editar o valor en Wikidata
PaisQ1104155
Muwatallis I Editar o valor en Wikidata  e Walanni Editar o valor en Wikidata
IrmánsMuvas Editar o valor en Wikidata

Tudhaliyas I, rei hitita, sucedeu a Muwatallis I tralo asasinato deste último, e gobernou desde -1430 ata -1400.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os feitos do seu reinado son difíciles de determinar por dúas razóns:

  • Non se sabe o número exacto de reis chamados Tudhaliyas, o que ás veces leva a dividir este período entre Tudhaliyas I e Tudhaliyas II, chegándose ás veces a falar de Tudhaliyas I/II.
  • Ademais, durante parte do seu reinado, o seu xenro e sucesor, Arnuwandas I, foi correxente; isto dificulta separar os feitos que sucederon durante o reinado de Tudhaliyas dos que sucederon ao comezo do reinado de Arnuwandas I.

Porén, existe un consenso sobre a grande expansión hitita durante este período, que se continúa durante gran parte do Reino Novo. Parece bastante claro, con todo, que ao chegar ao trono tras ser asasinado o seu antecesor Muwatallis, tivo que enfrontarse a unha guerra civil lanzada por algúns funcionarios e familiares do anterior rei. Este enfrontamento resolveuse axiña, deixando a Tudhaliyas coas mans libres para lanzar os exércitos hititas contra os reinos de Anatolia occidental (rexión coñecida polos hititas como Arzawa), onde se formaban con certa frecuencia alianzas anti-hititas. Tras varias campañas con éxito, Tudhaliyas logrou someter a rexión, da que obtivo un rico botín.

O seguinte obxectivo de Tudhaliyas foron as tribos kaskas, que ameazaban continuamente a fronteira norte do reino (preto da capital, Hattusa), desde os tempos de Hantilis II. Aínda que Tudhaliyas non logrou unha vitoria completa, forzou a retirada dos kaskas dos seus postos máis meridionais.

Tras lograr estas vitorias contra os kaskas, Tudhaliyas envorcou a súa atención na fronteira oriental dos hititas, onde tivera problemas co reino vasalo de Isuwa que se rebelou repetidamente, co apoio do reino hurrita de Mitanni. Logo de renovar, unha vez máis, os lazos entre os hititas e Kizzuwatna, Tudhaliyas atacou Mitanni, colleitando diversos éxitos, entre os que podería contarse a conquista de Alepo.

Sucedeuno, como xa se mencionou, Arnuwandas I.

Hititas

Segue a:
Muwatallis I
Tudhaliyas I
Precede a:
Arnuwandas I
-