Tuntematon sotilas
Tuntematon sotilas | |
---|---|
Título orixinal | Tuntematon sotilas |
Autor/a | Väinö Linna |
Cuberta | Martti Mykkänen |
Orixe | Finlandia |
Lingua | finés |
Tema(s) | Guerra da Continuação e soldado desconhecido |
Xénero(s) | novela bélica |
Editorial | WSOY |
Data de pub. | 3 de decembro de 1954 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tuntematon sotilas é unha novela bélica do escritor finlandés Väinö Linna, considerada a súa obra mestra. Publicada o 3 de decembro de 1954, a novela narra a Guerra de Continuación entre Finlandia e a Unión Soviética entre 1941 e 1944 dende o punto de vista dos soldados ordinarios finlandeses. Trátase dun relato ficticio baseado nas propias experiencias de Linna durante a guerra, a novela presenta unha visión máis realista ca a antiga imaxe romantizada do soldado finlandés noble e obediente. O autor deulle ás súas personaxes pensamentos independentes e críticos, e preséntanos con sentimentos humanos como o medo e a rebelión.
Aínda que se publicou con disparidade de opinión da crítica, Tuntematon sotilas axiña se converteu nun dos libros máis vendidos de Finlandia e é considerado tanto un clásico da literatura finlandesa como unha parte do legado nacional.