Turnix hottentottus
Turnix hottentottus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Turnix hottentottus' Temminck, 1815 |
Turnix hottentottus é unha especie de ave turniciforme da familia Turnicidae que habita na África subsahariana.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Encóntrase na maior parte da África subsahariana fóra das rexións forestais ou demasiado áridas. O seu hábitat natural son as pradarías abertas. Aínda que algunhas poboacións son sedentarias, outras realizan migracións ao norte e á zona central da súa área de distribución para reproducirse.
Descrición
[editar | editar a fonte]Aínda que non están emparentadas, teñen aspecto semellante a unha paspallás coa cola curta. Esta especie ten as partes superiores de cor parda con veteado escuro e certo listado branco polos bordos das plumas, o peito de cor canela e o ventre claro. Como na maioría dos turnícidos, a femia é lixeiramente máis grande (15 cm de longo fronte aos 14 cm dos machos) e de coloración algo máis intensa que o macho.
A maior parte da súa área de distribución está ocupada pola supbespecie T. h. nanus, que ten o iris dos ollos castaño e o rabadilla negra. A subespecie nominal, T. h. hottentottus, que está confinada no fynbos costeiro de Suráfrica, ten o iris claro e a rabadilla tamén máis clara.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Turnix hottentottus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 10 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Madge and McGowan, Pheasants, Partridges and Grouse ISBN 0-7136-3966-0
- Sinclair, Ian; Hockey, Phil; Tarboton, Warwick (2002). SASOL Birds of Southern Africa. Struik. ISBN 1-86872-721-1.