Turnix olivii
Turnix olivii | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Turnix olivii' (Robinson, 1900) |
Turnix olivii é unha especie de ave turniciforme da familia Turnicidae endémica do extremo nororiental de Australia. É o máis grande dos Turnix e posiblemente o máis escaso.
Descrición
[editar | editar a fonte]Mide entre 18 e 23 cm de longo e adoita pesar ao redor de 110 g. Ten as ás e a cola curtas. As súas costas e ás son de cor castaña con certas pintas brancas e negras. A súa cabeza é gris, agás os laterais do seu rostro que tamén son castaños. O seu peito é de cor canela. Aseméllase moito tanto ao Turnix varius como ao Coturnix ypsilophora. É máis grande e de patas máis longas que estes, e de anatomía bastante diferente á perdiz que ademais é máis escura. Turnix varius está case totalmente cuberto de pintas, brancas sobre o peito gris, non canela. A especie máis similar é o Turnix castanotus cuxas áreas de distribución non coinciden.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Atópase basicamente pola Península de Cabo York, no norte de Queensland, o extremo nororiental de Australia, desde Coen a Mareeba, ao oeste de Cairns.
Esta especie prefire as terras baixas e os bosques e pradarías costeiras, aínda que tamén pode atoparse en altitudes de 400 msnm. A especie depende dos bosques cubertos de herba compostos por especies dos xéneros Melaleuca, Acacia, Alphitonia e Tristania. Tamén pode observarse en zonas de matogueira densa e en zonas rochosas case sen cuberta de matogueira.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]É unha especie en perigo de extinción, cunha poboación estimada duns 500 individuos, e unha área de distribución histórica de só uns 2070 km². Ademais desapareceron de gran parte da súa área de distribución orixinal, posiblemente debido á sobreexplotación do pasto que realiza o gando, pola ocupación humana e polos incendios.
Áreas importantes
[editar | editar a fonte]Os lugares identificados por BirdLife International como importantes para a conservación desta especie son os montes de Iron Range e McIlwraith, así como o río Morehead.[2]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Moi poucas persoas observaron esta especie debido á súa reducida área de distribución e o seu carácter esquivo. Adoita andar por lugares onde está ben camuflada, e non se bota a voar salvo que sexa absolutamente necesario. Xeralmente é sedentaria, aínda que rexistráronse algúns desprazamentos, probablemente debidos aos cambios estacionais do hábitat.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Descoñécense os detalles sobre a súa dieta, pero como o resto dos Turnix probablemente coma insectos e sementes.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Sábese que estas aves crían en solitario. A súa época de cría vai de xaneiro a marzo. O seu niño consiste nunha pequena depresión no terreo cuberta cunha cúpula de herba cunha entrada lateral, cuxo interior está forrado de follas e herbas. Xeralmente o seu niño está escondido entre a vexetación. Pon de dous a catro ovos (xeralmente tres). Os seus ovos son brancos con pencas marróns, grises azuladas ou negras. O macho asume a tarefa de incubación e coidado dos pitos, como no resto dos conxéneres. Os seus pitos son precoces e nidífugos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Turnix olivii". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 24 de xullo de 2014.
- ↑ "Buff-breasted Buttonquail". Important Bird Areas. BirdLife International. 2012. Consultado o 1 de novembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Madge & McGowan, Pheasants, Partridges & Grouse, ISBN 0-691-08908-6
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Turnix olivii |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Turnix olivii |