Saltar ao contido

Txema Oleaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTxema Oleaga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
23 de xullo de 2023 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

José María Oleaga Zalvidea,[1] nado en Bilbao en 1963, máis coñecido como Txema Oleaga, é un político vasco pertencente ao Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSOE). Foi a cabeza de lista do PSE-EE (PSOE) nas eleccións municipais de 2007 e 2011 polo concello de Bilbao.

Txema Oleaga Zalvidea foi elixido por primeira vez concelleiro no consistorio bilbaíno en 1999. Dende 2004 até 2011 foi o voceiro do Grupo Municipal do PSE-EE en devandito concello. Asumiu a portavocía e a candidatura ó deixar o cargo o seu predecesor, Dimas Sañudo, elixido presidente de FEVE. Nas eleccións de 2007 foi o candidato socialista á alcaldía de Bilbao, obtendo a terceira praza, co 22,08% dos votos e 7 concelleiros (os mesmos que o segundo, o Partido Popular), conseguindo dous concelleiros máis que en anteriores eleccións. Volveu ser candidato á alcaldía nas últimas eleccións municipais de 2011. Nelas sufriu un duro pau perdendo o seu partido máis de 12.000 votos, case 9 puntos respecto das anteriores eleccións, e pasando de 7 concelleiros a 4. Pasou de terceira a cuarta forza. Tras aqueles resultados en outubro de 2011 dimitiu como presidente do grupo socialista no Concello de Bilbao. En decembro do mesmo ano foi nomeado Presidente de Metro Bilbao, cargo no que cesou ao chegar o Partido Nacionalista Vasco ó Goberno Vasco.

É avogado, licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, e experto en Responsabilidade Civil, Dereito do Seguro, Dereito Penal e Dereito da Circulación. Deixou o seu despacho profesional ao converterse no voceiro do seu grupo. Ten unha filla.

Dentro do PSE-EE, Oleaga é membro do comité provincial de Biscaia do PSE-EE e do comité nacional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]