Txentxo Jiménez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1957 (67 anos) Soleira (envelhecimento), España (pt) |
Deputado do Parlamento de Navarra | |
15 de xuño de 2011 – 16 de xuño de 2015 Lexislatura: VIII lexislatura de Navarra | |
Deputado do Parlamento de Navarra | |
13 de xuño de 2007 – 14 de maio de 2011 Lexislatura: VII lexislatura de Navarra | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Aralar Herri Batasuna Q25473691 |
Txentxo Jiménez Hervás, nado en Solera, Xaén o 3 de xuño de 1957, é un político español de ideoloxía independentista vasca, parlamentario navarro por Aralar dende 2003 até 2015
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Solera (Xaén) o 3 de xuño de 1957, con dez anos emigrou cos seus pais a Navarra. Casado e con dous fillos, a día de hoxe reside en Berriozar. Traballou como metalúrxico e editor, ademais de ocupar diversos cargos políticos e de representación institucional.[1]
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]De 1979 a 1995 militou en Herri Batasuna, formación coa que foi concelleiro de Berriozar durante trece anos.[1]
En 2001 integrouse en Aralar, partido do que foi coordinador en Navarra de 2003 a 2011, e co que foi parlamentario navarro dende 2003 até 2015.[2][2][3]
No V Congreso de Aralar, celebrado en setembro de 2011, foi elixido membro da Executiva de Hegoalde.[4]
En novembro de 2014, durante o VI Congreso de Aralar foron aprobados uns novos estatutos que avogaban por unha maior unidade dentro de EH Bildu, en contra do criterio de Txentxo Jiménez que consideraba que restaban capacidade de decisión á organización en Navarra. O 30 de marzo de 2015 deuse de baixa de Aralar.[3][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 2,0 2,1 Aralar. "Txentxo Jiménez Hervas". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 19 de decembro de 2011.
- ↑ «Patxi Zabaleta reelegido coordinador general de Aralar por quinta vez Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.». EITB, 18 de setembro de 2011.
- ↑ «El VI Congreso de Aralar rechaza la enmienda de los militantes navarros Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.». Noticias de Navarra, 9 de novembro de 2014.
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |