Victoria Libertas Pesaro
Carpegna Prosciutto Pesaro | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA |
Alcume | VL, Vuelle |
Fundación | 1946 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Ario Costa |
Adestrador | Luca Banchi |
Patrocinador | Carpegna Prosciutto |
Localización | |
Cidade | Pesaro, Italia |
Pavillón | Vitrifrigo Arena |
Capacidade | 10 323 |
Inauguración | 1996 |
Campionatos | |
Recopa | 1 (1983) |
Liga | 2 (1988, 1990) |
Copa | 2 (1985, 1992) |
victorialibertas.it |
O Victoria Libertas, oficialmente Unione Sportiva Victoria Libertas Pallacanestro e por motivos de patrocinio Carpegna Prosciutto Basket Pesaro, é un club de baloncesto profesional italiano con sede na cidade de Pesaro, As Marcas. O club compite actualmente na Lega Basket Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino. O equipo é popularmente coñecido en Europa como Scavolini Pesaro debido ao seu histórico patrocinador Scavolini (de 1975 a 2014), unha empresa adicada ao deseño e manufacturación de cociñas, cuxo cofundador, Valter Scavolini, era presidente do club. Actualmente é coñecido como Consultivest Pesaro.
Fundado en 1947, o club viviu os seus mellores tempos nos anos 1980 e comezos dos anos 1990, nos que gañou dúas Ligas, dúas Copas, ademais de disputar tres finais da Recopa de Europa de Baloncesto, a cal consegui gañar en 1983. O VL xoga os seus encontros como local no Vitrifrigo Arena, o terceiro maior pavillón cuberto de Italia ao poder albergar 10 323 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O Vitoria Libertas foi fundado oficialmente en 1946, tendo a súa mellor época nos anos 1980. Despois de estar entre os mellores equipos de Italia durante décadas, o Vitoria Libertas gañou o seu primeiro trofeo importante en 1983, a Recopa de Europa. Desde entón, gañou a liga italiana en dúas ocasións (1988 e 1990) e a copa noutras dúas ocasións (1985 e 1992). Nos últimos anos, o Vitoria Libertas estivo entre os mellores equipos de Europa ao xogar a Euroliga en 2001–02 e 2004–05. De feito, na temporada 2004–05 chegou inesperadamente aos cuartos de final, sendo derrotado polo eventual campión Maccabi Tel Aviv. Por outra banda, o escolta do Vitoria Libertas Charles Smith, foi honrado co primeiro Trofeo Alphonso Ford ao máximo anotador da competición. O propio Alphonso Ford xogara a temporada anteior no Vitoria Libertas, antes de falecer por mor da leucemia. O propio Smith fora fichado para substituír o falecido xogador estadounidense.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Benelli Pesaro (1952–58)
- Lanco Pesaro (1958–61)
- Algor Pesaro (1961–63)
- Butangas Pesaro (1966–69)
- Frizz Pelmo Pesaro (1969–70)
- Tropicali Pesaro (1970–71)
- Maxmobili Pesaro (1971–75)
- Scavolini Pesaro (1975–2014)
- Consultinvest Pesaro (2014–2017)
- Carpegna Prosciutto Pesaro (2019–presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competitions locais
[editar | editar a fonte]- Campións (2): 1988, 1990
Copa de Italia
- Campións (2): 1985, 1992
Competitions europeas
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 1983
- Subcampións (2): 1986, 1987
- Subcampións (2): 1990, 1992