UIMP Galicia
UIMP Galicia | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1982 |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.uimp.es/sedes/galicia.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
UIMP Galicia é un dos centros da Universidade Internacional Menéndez Pelayo que programa cursos e seminarios en diversas localidades de Galicia desde 1982. A súa sede está na Coruña. O groso dos seus estudantes procede do ámbito galego, portugués e iberoamericano.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O número das súas actividades varía cada ano, aínda que se conseguiu unha media de 20 cursos e seminarios ou talleres, cunha asistencia media de máis de 600 alumnos en cada ano. A realización destas actividades viuse favorecida polo apoio e patrocinio das universidades e institucións públicas e privadas galegas.
No que se refire ás institucións locais, convén destacar o apoio das deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra, que mantiveron de forma sistemática o patrocinio das actividades da UIMP Galicia. Outras institucións implicadas son a Xunta de Galicia, dende as súas diferentes consellerías, o Concello da Coruña e Novacaixagalicia. Tamén recibe o apoio de institucións locais, como concellos e deputacións, e de entidades financeiras.
Desde o ano 2003 UIMP Galicia organiza o seminario destinado á orientación formativa e investigadora dos estudantes que están entre os ciencuenta mellores expedientes de bacharelato de Galicia. Os directores da UIMP Galicia foron Ramón Villares desde 1998 até 2006, e Xosé Luís Barreiro Rivas, desde febreiro de 2006. Desde marzo de 2022 a directora é María Jesús Lorenzo Modia.