US-PM
US-PM (acrónimo de Upravlenniye Sputnik Passivny Modifikirovanny, ou Satélite Controlado Pasivamente Modificado) foi unha serie de satélites de recoñecemento mediante radar rusos.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites US-PM eran versións melloradas dos satélites US-P e co seu mesmo obxectivo: vixiar os océanos, rexistrando as emisións radioeléctricas de buques civís e militares. Tamén se alimentaban mediante paneis solares e substituíron tanto aos US-P como á versión activa e alimnetada por enerxía nuclear destes satélites, os US-A. Usaba o mesmo tipo de bus que os anteriores satélites. Tiñan unha masa de 3300 kg e lanzáronse 13, todos con éxito, mediante foguetes Tsiklon-2 dende o cosmódromo de Baikonur a órbitas de 420 km de altura e 65º de inclinación orbital. Os seus substitutos son os satélites Pion-NKS.[2][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[2][1] | Data de lanzamento[2][1] | Foguete lanzador[2][1] | Notas[2][1] |
---|---|---|---|
US-PM 1 | 30 de marzo de 1993 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 2 | 28 de abril de 1993 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 3 | 7 de xullo de 1993 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 4 | 17 de setembro de 1993 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 5 | 2 de novembro de 1994 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 6 | 8 de xuño de 1995 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 7 | 20 de decembro de 1995 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 8 | 11 de decembro de 1996 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 9 | 9 de decembro de 1997 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 10 | 26 de decembro de 1999 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 11 | 21 de decembro de 2001 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 12 | 28 de maio de 2004 | Éxito | Tsiklon-2 |
US-PM 13 | 25 de xuño de 2006 | Éxito | Tsiklon-2 |