Ufa
Уфа (ru) Өфө (ba) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Rusia | |||
República | Baxkortostán | |||
Distrito urbano | Ufa Urban Okrug (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | Dyomsky District (en) ![]() Kalininsky District (en) ![]() Kirovsky rayon (en) ![]() Leninsky District (en) ![]() Oktyabrsky District (en) ![]() Ordzhonikidzevsky District (en) ![]() Sovetsky District (en) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.128.787 (2020) ![]() | |||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua baxkir ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 707,93 km² ![]() | |||
Bañado por | Rio Belaya (pt) ![]() ![]() ![]() | |||
Altitude | 150 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1586 ![]() | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Ratmir Mavliev (en) ![]() ![]() | |||
Máxima autoridade xudicial | Constitutional Court of the Republic of Bashkortostan (en) ![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 450000–450999 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 347 ![]() | |||
Identificador OKTMO | 80701000001 ![]() | |||
Identificador OKATO | 80401000000 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | ufacity.info ![]() | |||
![]() ![]() ![]() |
Ufa ou Ufá (Уфа en ruso, Өфө en baxkir) é unha cidade de Rusia, capital da república de Baxkortostán, situada na beira dos ríos Ufa e Bélaia, que conta cunha poboación de 1,064.200 habitantes (2010). A maioría dos habitantes da cidade son de etnia rusa (36,1 %), tártara (28,3 %) e baxkir (17,1 %).
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada como fortaleza en 1574 por Iván IV de Rusia "o terrible". No século XVIII converteuse nun salientable centro comercial e cultural da zona, e dende o ano 1781 tamén nun centro administrativo da rexión coñecida naquel entón como Oremburgo. O desenvolvemento industrial da cidade chegou co ferrocarril, que dende 1890 comunicou a cidade con boa parte do resto do imperio ruso. Durante a guerra civil rusa, Ufa foi temporalmente a capital do Goberno Provisional de Tódalas Rusias, un movemento antibolxevique. Uns anos despois, durante a segunda guerra mundial, a cidade tamén acolleu un tempo a capitalidade da República Socialista Soviética de Ucraína por mor da invasión dos nazis.
Industria
[editar | editar a fonte]O descubrimento de petróleo en Baxkortostán durante a primeira metade do século XX transformou a Ufa nun importante centro industrial. Na actualidade ten industrias eléctricas, mineiras, petroquímicas e de procesado de alimentos.
Deportes
[editar | editar a fonte]As principais entidades deportivas da cidade son:
- Salavat Yulaev Ufa (hockey sobre xeo) - Varias veces campión ruso, compite na Kontinental Hockey League.
- Football Club Ufa (fútbol) - Compite na segunda división rusa de fútbol.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |