Ugli
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Ugli2.jpg/250px-Ugli2.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/Ugli3.jpg/250px-Ugli3.jpg)
O "ugli", coñecida tamén en inglés como "ugli fruit", é unha froita híbrida do grupo dos cítricos. Crese que é un híbrido entre o pomelo, a laranxa e a mandarina[1], aínda que outras fontes apuntan a que é un híbrido entre mandarina e Citrus maxima.[2] No primeiro caso, o seu nome científico sería Citrus reticulata x Citrus paradisi[3].
Descrición
[editar | editar a fonte]O ugli é moi semellante ao froito da Citrus maxima, pero lixeiramente máis grande, e cunha forma menos definida: mentres a laranxa ou o froito da Citrus maxima son esféricos ou xeoides, a grosa casca do ugli fai que a súa forma sexa máis "imperfecta". A súa monda é, como dixemos, moi grosa, rugosa, fragrante e dunha cor verde ou amarela. Coma o resto dos cítricos, o interior está recuberto dunha película branca, que garda no interior unha ducia de seccións independentes pero ligadas, de cor laranxa. O seu sabor é máis ben doce, coma o da mandarina.
Produción e distribución
[editar | editar a fonte]O ugli é orixinario de Xamaica, que continúa a ser hoxe en día o seu principal centro de produción[4]. A primeira cidade onde se produciu foi Brown's Town en 1924, onde a descubrira medrando brava[1] unha familia chamada Sharp. É unha froita estacional, que se produce de decembro a abril[5], e que se distribúe tanto a Norteamérica como a Europa.[4] UGLI® é unha marca rexistrada por Cabel Hall Citrus Ltd., coa que se comercializa e que se usa en boa parte do mundo como nome da froita.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Grapefruit: a fruit with a bit of a complex Arquivado 10 de xuño de 2010 en Wayback Machine. in Art Culinaire (Winter, 2007)
- ↑ The Kitchn. "What is an ugli fruit?". The Kitchn (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2016.
- ↑ Bastyra, Judy, and Julia Canning. A Gourmet's Guide to Fruit. Los Angeles: HP Books, 1989. Pg. 52.
- ↑ 4,0 4,1 "Where to look – UGLI". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2019. Consultado o February 13, 2012.
- ↑ Sara Ipatenco. "What Are the Health Benefits of Ugli Fruit?". Demand Media (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 8 de xullo de 2016.
- ↑ "About Us – UGLI". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2016. Consultado o February 13, 2012.