Umaru Pulavar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1642 ![]() Tamil Nadu, India ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
Umaru Pulavar ( támil: உமறுப் புலவர்), nado en 1642 en Ettayapuram foi un poeta de Tamil Nadu. Está considerado o principal poeta islámico en támil [1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus devanceiros viñeron a Tamil Nadu para vender perfumes e establecéronse en Nagalapuram, antes de se instalar en Ettayapuram, onde naceu Umaru. Estudou co poeta da corte Katikai Muttuppulava e con quen tamén coñeceu os clásicos támiles [2]. Con dezaseis anos gañou un debate literario con Vallai Varundhi, un recoñecido poeta do norte da India e Umaro pasou a ser o poeta da corte de Ettayapuram Zamin.
Obra
[editar | editar a fonte]En Sira puranam, considerado un dos seus mellores traballos, retrata a historia relativa a Mahoma, e que contén 5.027 poemas en tres 'kandams' (partes), "Vilathathu Kandam", "Noobuvathu Kandam" e "Hijurathu Kandam". Cada un dos 'Kandams' narra varias etapas da vida do profeta combinando de forma única a tradición literaria hinduísta dos puranas coas ensinanzas do profeta (sirah), máis aínda toda a obra está moi influída [3] pola versión támil do Ramayana realizada por Kamban no século XIII. Umaru non chegou a completar a obra, que remataron outros tres poemas, parte que se coñece como Sinna sira (O pequeno sira). Muthu Mozhil Malai e os poemas de voda de Sethakathi son outros dos seus traballos literarios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. B. Prashant (2004) Muslim Identity, Print Culture, and the Dravidian Factor in Tamil Nadu Orient Blackswan, p. 34
- ↑ Mohan Lal (ed.) Encyclopaedia of Indian Literature: Sasay to Zorgot Vol. 5 Sahitya Akademi, 1992, p. 4426
- ↑ Narayanan, Vasudha "The Ramayana and its Muslims Interpreters" in Richman Paula (2001)Questioning Ramayanas: A South Asian Tradition University of California Press, pp. 265