Umbo (bivalvos)
O umbo, ou umbón, é o vértice, a parte máis antiga das valvas dos moluscos bivalvos, situado nas proximidades do ligamento (estrutura que une ambas as valvas).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Os termos umbo e umbón derivan do latín umbus, -onis, "a parte central prominente do escudo dos lexionarios".[1]
Características
[editar | editar a fonte]O umbo é a parte máis elevada de cada valva da cuncha dun molusco bivalvo (tamén está presente nos univalvos). Normalmente contén o pico da valva, que é o punto máis antigo dela, e o seu grao de relevancia e a súa posición respecto á liña da charneira son ás veces útiles para distinguiren taxons de bivalvos.[2]
O umbo fórmase mentres o animal é xuvenil e o crecemento radial continúa posteriormente por esa área. O umbo sitúase por encima da liña da charneira. Nos bivalvos nos que os umbos non sobresaen, como é o caso dalgúns mexillóns, os umbos poden, aínda así, identificarse facilmente examinando as liñas de crecemento concéntricas da cuncha.[3][4]
O termo umbo tamén se usa nas descricións anatómicas dos braquiópodos como o lugar de orixe do crecemento das súas valvas.
Tipos de umbos
[editar | editar a fonte]Os umbos poden estar situados de diversas maneiras, recibindo adxectivos particulares:[5][6]
- Moitas veces os umbos están inclinados cara a adiante (umbos prosoxiros).
- Moitas outras están disoistos cara a atrás (umbos opistoxiros).
- Poden tamén estar dispostos verticalmente (umbos ortoxiros).
- Ás veces poden, raramente, estar apenas afastados entre si, como no xénero Arca.
Tamén se denomina umbo o lugar onde se encontra a prodissoconcha, a cuncha rudimentaria ou embrionaria, na cal se inicia o desenvolvemento dun molusco bivalvo.[7]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Valva esquerda dunha xuvenil Mercenaria campechiensis vista dorsalmente para amosar a lúnula de cor marrón á dereita, xunto ao umbo dirixido cara a adiante.
-
Vista lateral de toda a cuncha de Cucullaea labiata. Os umbos están na parte superior da imaxe.
-
Vista das valvas, separadas, de Cucullaea labiata, mostrando o umbo (parte superior).
-
Ilustración do molusco Arca tetragona, mostrando a distancia entre os seus umbos (abaixo).
-
Na parte superior, o umbo de Mytilus edulis, lixeiramnre xirado á dereita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo 2 (I-Z). Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3.
- ↑ Brink, Laura A.: Mollusca: Bivalva (PDF). University of Oregon.
- ↑ "Advanced glossary of molluscan terms | The Conchological Society of Great Britain and Ireland". www.conchsoc.org. The Conchological Society of Great Britain and Ireland. Consultado o 8 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Bivalves". www.manandmollusc.net. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2012. Consultado o 8 de xaneiro de 2020.
- ↑ Linder, Gert (1983): Moluscios y caracoles de los mares del mundo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-308-3, pp. 92-93.
- ↑ "Classe Bivalvia: Estrutura dos Bivalves - Orientação dos umbos". Conquiliologistas do Brasil (CdB). Consultado o 8 de xaneiro de outubro de 2020.
- ↑ Contador, Tamara; Rosernfeld, Sebastián; Ojeda, Jaime; Kennedy, James (2015). Historia natural de los invertebrados acuáticos del Cabo de Hornos (PDF). Santiago de Chile: Fundación Omora, Universidad de Magallanes (1ª ed.). p. 185. ISBN 978-956-358-448-6. Consultado o 8 de xaneiro de 2020.