Umbra krameri
Umbra krameri | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Umbra krameri Walbaum, 1792 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Umbra krameri é unha especie de peixe dulciacuícola da orde dos esociformes, que é o tipo da familia dos úmbridos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum.[2]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Cyprinodon umbra Cuvier, 1829
- Umbra canina Károli, 1882
- Umbra krameri Fitzinger, 1832
- Umbra krameri pavlovi Kux & Libosvarsky, 1957
- Umbra lucifuga Gronow, 1854
Características
[editar | editar a fonte]Coa morfoloxía do corpo similar ao resto das especies da súa familia, a lonxitude máxima descrita foi de 17 cm,[3] aínda que a lonxitude media normal é moito máis pequena, duns 5 cm.[4]
Distribución, hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Umbra krameri distribúese por Europa, nas concas hidrográficas dos ríos Danubio e Dniéster, aínda que podemos vela máis facilmente en acuarios, xa que se comercializa para o seu uso en acuarioloxía.[5] Encóntrase en Austria, Bosnia Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Hungría, Moldova, Montenegro, a República Checa, Romenia, Serbia e Ucraína.[1]
É unha especie bentopeláxica de río, non migradora, que prefire un rango de pH entre 6 e 6,5.[5]
Resiste unha ampla variedade de temperaturas entre os 5 e os 24 °C.[3]
Habita nas canles de irrigación pequenos e nas augas lentas e/ou estancadas con densa vexetación; é moi territorial, alimentándose no seu territorio de plancto de crustáceos de gran tamaño e de larvas de invertebrados.[3]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A especie encóntrase en estado vulnerable, debido á destrución dos seus hábitats, as novas técnicas agrícolas de irrigación e á desaparición das antigas gabias de rego nas que proliferaba, as restricións ás inundacións dos ríos, á presión debida á reintroducción de especies exóticas de peixes, e pola polución química.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Freyhof, J. (2011): Umbra krameri na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 2 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Umbra krameri Walbaum, 1792 no WoRMS. Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Povz, M. (1995): "Threatened fishes of the world: Umbra krameri Walbaum, 1792 (Umbridae)". Environ. Biol. Fish. 43 (3): 232.
- ↑ Muus, B. J. e P. Dahlström (1968): "Süßwasserfische". BLV Verlagsgesellschaft.
- ↑ 5,0 5,1 Kottelat, M., 1997. "European freshwater fishes". Biologia 52, Suppl. 5:1-271.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Umbra krameri |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Umbra krameri |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, J. S. (2016): Fishes of the world. 5ª edición. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.