Nervio accesorio
Nervio accessorio | |
---|---|
Nervio glosofarínxeo, nervio vago e nervio accesorio. | |
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais anotados en inglés. | |
Latín | nervus accessorius |
Gray: | subject #206 913 |
Innervación | Músculo esternocleidomastoideo, músculo trapecio |
MeSH | Accessory+Nerve |
Nervios craniais |
---|
CN I - Olfactorio |
CN II - Óptico |
CN III - Oculomotor |
CN IV - Troclear |
CN V - Trixémino |
CN VI - Abducente |
CN VII - Facial |
CN VIII - Vestíbulococlear |
CN IX - Glosofarínxeo |
CN X - Vago |
CN XI - Accesorio |
CN XII - Hipogloso |
O nervio accesorio, nervio accesorio espiñal ou XI par cranial é un nervio mixto, que está formado pola unión dos ramos espiñal e neurocranial.
Orixe real
[editar | editar a fonte]- 1. Núcleo bulbar: formado por células da porción inferior do núcleo ambiguo.
- 2. Núcleo medular: está situado na parte externa da hasta anterior da porción superior da medula cervical.
Orixe aparente
[editar | editar a fonte]- As ramas bulbares xorden do suco colateral posterior da medula oblongada por debaixo do pneumogástrico ou X par cranial.
- As ramas medulares fanno do suco colateral posterior da medula.
Sae do endocranio polo burato rachado posterior xunto cos pares X e IX. Unha vez fóra da cavidade cranial, divídese en dúas ramas: unha rama interna, que contén as fibras de orixe bulbar e que termina uníndose ó ganglio plexiforme do vago; e unha rama externa, que descende atravesando o espazo retromandibular e termina innervando os músculos esternocleidomastoideo e trapecio.
Á súa vez dá tres ramos terminais que son:
- Ramo anastomótico para o X par cranial.
- Nervios do esternocleidomastoideo: orixínanse a partir dunha asa formada pola anastomose do XI par coa correspondente rama do plexo cervical profundo.
- Nervios do músculo trapecio.
Debido a que innerva o esternocleidomastoideo e o trapecio, ten por función mover o pescozo e a testa. Permite erguer a cabeza, mantela erquida e encoller os ombreiros. As súas lesións explóranse pedindo ó paciente que encolla os ombros.
-
Esquema dos pares craniais IX, X e XI.
-
Curso dos nervios do grupo do vago.