Unha ducia de galegos
Unha ducia de galegos | |
---|---|
Autor/a | Víctor Freixanes |
Orixe | Galicia |
Lingua | Lingua galega |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1976 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unha ducia de galegos é un libro de entrevistas en lingua galega de Víctor Freixanes, publicada en 1976 por Editorial Galaxia.
Características
[editar | editar a fonte]O volume é, segundo se indica na propia lapela do libro, unha "crónica subxectiva do galeguismo (ou polo menos de certo galeguismo) ao longo do século XX e a través de doce protagonistas" (todos eles homes): Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz-Andrade, Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Ramón Piñeiro, Celso Emilio Ferreiro, Xaime Isla Couto, Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel Beiras, Xosé Luís Méndez Ferrín, Miguel Anxo Araúxo Iglesias e Carlos Casares.
O propósito era enlazar a memoria do século XIX, personificada en Otero Pedrayo, coas inquedanzas de autores máis novos, como Méndez Ferrín ou Carlos Casares.[1]
Edicións
[editar | editar a fonte]O libro foi escrito entre 1974 e 1976. Logo de se editar en xullo de 1976, a obra foi reimpresa en outubro do mesmo ano. Volveuse editar en novembro de 1982 (despois da aparición da novela O triángulo inscrito na circunferencia) e en 2017[2], tras deixar Víctor Freixanes o cargo de editor en Galaxia. Amais, o libro foi traducido ao castelán e publicado en 1979 co título de Doce gallegos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ameixeiras, D. (8 de setembro de 2017). "Unha ducia de galegos". La Voz de Galicia.
- ↑ Requeixo, A.: "Unha referencia imprescincible", recensión no blog Criticalia, 13 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Unha ducia de galegos, na páxina web de Editorial Galaxia.