Unha habitación con vistas
Unha habitación con vistas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Room with a View |
Director | James Ivory |
Produtor | Ismail Merchant |
Guión | Ruth Prawer Jhabvala |
Baseado en | A Room with a View, de E. M. Forster |
Intérpretes | Maggie Smith Denholm Elliott Judi Dench Simon Callow Helena Bonham Carter Julian Sands Daniel Day-Lewis |
Música | Richard Robbins |
Fotografía | Tony Pierce-Roberts |
Montaxe | Humphrey Dixon |
Estudio | Merchant Ivory Productions Goldcrest Films Film Four International |
Distribuidora | Curzon Film Distributors |
Estrea | 13 de decembro de 1985 |
Duración | 117 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido |
Orzamento | 3 millóns de dólares[2] |
Recadación | 21 millóns de dólares |
Na rede | |
Unha habitación con vistas[3] (en inglés: A Room with a View) é un filme británico de 1985, dirixido por James Ivory e producido por Ismail Merchant, baseado na novela homónima de E. M. Forster (1908). O filme segue fielmente a novela empregando os títulos dos capítulos para distinguir segmentos temáticos. Ambientada en Inglaterra e Italia, conta a historia dunha moza que vive na restritiva e represiva cultura eduardiana e o desenvolvemento do amor por un mozo de espírito libre. Está protagonizada por Helena Bonham Carter e Julian Sands e inclúe a Maggie Smith, Denholm Elliott, Daniel Day-Lewis, Judi Dench e Simon Callow en papeis secundarios.
O filme foi un éxito de crítica e de público. Na 59ª edición dos Óscar foi candidato a oito premios incluíndo o de mellor filme e gañou tres: mellor guión adaptado, mellor dirección artística e mellor deseño de vestiario. Gañou tamén cinco premios BAFTA e un Globo de Ouro. En 1999, o British Film Institute colocou Unha habitación con vistas no posto 73 da súa lista dos cen mellores filmes do século XX.
Foi emitido na TVG o 15 de xullo de 2000.[4]
Argumento
[editar | editar a fonte]Lucy Honeychurch e a súa prima Charlotte Bartlett pasan unhas vacacións en Florencia, onde ela se namora de George. Charlotte impide que o romance prospere. Lucy regresa a Inglaterra, onde se promete a un home chamado Cecil Vyse. A chegada de George á campiña provoca unha catarse nela.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Helena Bonham Carter como Lucy Honeychurch
- Julian Sands como George Emerson
- Maggie Smith como Charlotte Bartlett
- Denholm Elliott como Mr. Emerson
- Daniel Day-Lewis como Cecil Vyse
- Simon Callow como o reverendo Mr. Beebe
- Rosemary Leach como Mrs Honeychurch, nai de Lucy
- Rupert Graves como Freddy Honeychurch, irmán de Lucy
- Patrick Godfrey como o reverendo Mr. Eager
- Judi Dench como Eleanor Lavish, novelista
- Fabia Drake como Miss Catharine Alan
- Joan Henley como Miss Teresa Alan
- Amanda Walker como The Cockney Signora
- Maria Britneva como Mrs Vyse, nai de Cecil
- Mia Fothergill como Minnie Beebe
- Peter Cellier como Sir Harry Otway
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Room with a View (PG)". British Board of Film Classification. 1-1-1986. Consultado o 16-11-2016.
- ↑ "Bad Beginning." Sunday Times [London, England] 15 de xuño de 1986: 45. The Sunday Times Digital Archive. Web. 8 de abril de 2014.
- ↑ En galego o termo habitación non é correcto como sinónimo de cuarto ou estancia. Porén, para o caso do filme, o título dado foi o que se indica: Unha habitación con vistas.
- ↑ Programación