Unha noite na ópera
Aparencia
Unha noite na ópera | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Night at the Opera |
Director | Sam Wood |
Produtor | Irving Thalberg |
Guión | George S. Kaufman Morrie Ryskind Al Boasberg Buster Keaton |
Intérpretes | Groucho Marx Chico Marx Harpo Marx Kitty Carlisle Allan Jones Margaret Dumont |
Música | Herbert Stothart |
Fotografía | Merritt B. Gerstad |
Montaxe | William LeVanway |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 1935 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
Unha noite na ópera (en inglés: A Night at the Opera) é un filme americano de 1935 protagonizado por Groucho Marx, Chico Marx e Harpo Marx, e coas intervencións de Kitty Carlisle Hart, Allan Jones, Margaret Dumont, Siegfried Rumann, e Walter Woolf King. Foi o primeiro filme dos Irmáns Marx para a Metro-Goldwyn-Mayer e o primeiro despois de que Zeppo Marx deixase de actuar. Foi dirixido por Sam Wood.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O extravagante olfacto para os negocios de Groucho faino embarcar cara a Nova York xunto coas grandes estrelas da Ópera de Milán, cuns polisóns inesperados a bordo: Harpo e Chico. Entre os tres revolucionan o barco, organizan un escándalo en Nova York e converten a noite da estrea nunha tolemia que o mundo da ópera xamais poderá esquecer.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Groucho Marx como Otis B. Driftwood
- Harpo Marx como Tomasso
- Chico Marx como Fiorello
- Kitty Carlisle como Rosa Castaldi
- Allan Jones como Ricardo Baroni
- Margaret Dumont como Mrs. Claypool
- Sig Ruman como Herman Gottlieb
- Walter Woolf King como Rodolfo Lassparri
- Robert Emmett O'Connor como Sarxento Henderson
- Edward Keane como O Capitán
- Purnell Pratt como O Alcalde
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Unha noite na ópera |