Unión Europea Occidental
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Rexión de Bruxelas-Capital ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1954 ![]() | |||
Disolución | 2011 ![]() | |||
Sucedido por | Unión Europea ![]() | |||
Sitio web | weu.int ![]() | |||
![]() |
A Unión Europea Occidental (UEO) foi unha organización de defensa europea formada polos estados membros da Unión Europea e os membros europeos da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). En 2010, anunciou que todas as súas actividades concluirían o 30 de xuño de 2011.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]As bases da UEO establecéronse no Tratado de Bruxelas de 1948, como organización europea de defensa e seguridade.
Esta organización internacional, creada orixinariamente por Francia, Bélxica, o Reino Unido, Luxemburgo e os Países Baixos, creouse nun principio para asistir calquera dos seus integrantes no caso de recibir unha agresión e tamén, igual que o Consello de Europa (establecida en 1949), impediu que a UEO actuase de xeito independente, quedando relegada a un segundo termo.
Propúxose que a Unión Europea, que pretende ter competencias en seguridade e defensa grazas ao seu segundo piar, acabase absorbendo a UEO, xa que todos os seus membro formaban parte das dúas organizacións e a UEO foi case nula durante os seus anos de existencia, debido ao maior protagonismo da OTAN.
Disolución
[editar | editar a fonte]O 31 de marzo de 2010, anunciou a súa disolución trala entrada en vigor do Tratado de Lisboa e o desenvolvemento da política de defensa na Unión Europea. As súas actividades concluíron o 30 de xuño de 2011.[1][2]
Organización
[editar | editar a fonte]A UEO estaba composta polo Consello e a Asemblea. O seu secretario xeral era, con carácter nato, o Alto Representante para Asuntos Exteriores e Seguridade da Unión Europea.
Consello
[editar | editar a fonte]A UEO estaba dirixida por un Consello de Ministros, coa asistencia dun Consello de Representantes Permanentes a nivel de embaixadores. Aspectos sociais e culturais do Tratado de Bruxelas foron entregados ao Consello de Europa para evitar a duplicación de responsabilidades dentro de Europa.[3]
Asemblea
[editar | editar a fonte]Unha asemblea parlamentaria (composta polas delegacións dos estados membros da asemblea parlamentaria do Consello de Europa) supervisaba o traballo do Consello, mais non tiña obriga ningunha neste. A asemblea da UEO era unha institución consultiva.
Participación
[editar | editar a fonte]A Unión Europea Occidental tiña dez estados membros, seis asociados, cinco observadores e sete socios. O 14 de xuño de 2001, o secretario xeral Solana afirmou que non había razóns para cambiar o status dos estados non membros da organización.
Membros
[editar | editar a fonte]Todos os países membros da Unión Europea Occidental eran tamén membros da OTAN e da Unión Europea. Eran os únicos estados que tiñan dereitos completos de voto.
Bélxica
Francia
Alemaña
Grecia (1995)
Italia
Luxemburgo
Países Baixos
Portugal (27 de marzo de 1990)
España (27 de marzo de 1990)
Reino Unido
Observadores
[editar | editar a fonte]Roma, 1992: os observadores eran membros da Unión Europea, mais non da OTAN.[4]
Membros asociados
[editar | editar a fonte]Roma (1992): creouse a figura dos membros asociados para incluír os países europeos que eran membros da OTAN mais non da Unión Europea:
Os membros asociados Polonia, a República Checa e Hungría uníronse á UE en 2004.
Socios
[editar | editar a fonte]Kirchberg, 1994: países que nese momento non eran membros nin da OTAN nin da UE. Todos os países uníronse tanto á OTAN como á UE en 2007:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 EFE (31 de marzo de 2010). "La Unión Europea Occidental anuncia su disolución". Público (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2006.
- ↑ The Western European Union CVCE
- ↑ Dinamarca era unha excepción, sendo membro dos dous. Ten unha opt-out polo Tratado de Maastricht (1992), polo que non participa na política de seguriade e defensa común da Unión Europea.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Unión Europea Occidental ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da Unión Europea Occidental (inglés e francés)
- Asemblea da Unión Europea Occidental (inglés e francés)