Saltar ao contido

Unión Patriótica - Cristiáns Demócratas Lituanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Unión Patriótica – Cristiáns Democráticos Lituanos (en lituano Tėvynės sąjunga - Lietuvos krikščionys demokratai), antes do 2008 Unión Patriótica (Conservadores, Presos Políticos e Exiliados, Demócratas Cristiáns) ou TS, é un partido político de Lituania. Foi fundado en maio de 1993 como á dereita do Sąjūdis (Movemento Reformista Lituano), por Vytautas Landsbergis. O seu actual líder é o primeiro ministro Andrius Kubilius.

É un partido de dereitas, conservador, e demócrata cristián, e membro do Partido Popular Europeo (PPE) e da Unión Demócrata Internacional.

Nas eleccións de Lituania de 1996 obtivo o 40% dos votos, con 70 deputados no Seimas, mais no 2001 baixou até o 8.6% e 9 deputados. Despois de Lituania entrar na Unión Europea, no Parlamento europeo tivo dous representantes no 2004 (un deles Vytautas Landsbergis).

Nas eleccións lexislativas lituanas do 10 de outubro de 2004 o partido obtivo o 14,6% do voto popular, con 25 de 141 escanos.

Antes da súa fusión con Unión dos Presos Políticos e dos Exiliados e Demócratas cristiáns (non Demócratas Cristiáns Lituanos) era coñecido como Unión Patriótica (Conservadores Lituanos). O último troco de nome é resultado de adherirse coa Unión Nacional Lituana o 11 de marzo de 2008, e cos Demócratas Cristiáns Lituanos o 17 de maio de 2008, adoptando o nome de Unión Patriótica – Cristiáns Demócratas Lituanos, partido con máis de 18000 membros.

Nas eleccións lexislativas do 2008 do parlamento lituano, a Unión patriota obtivo o 19.69% dos votos, con 45 escanos no Seimas, 20 máis que nas eleccións do 2004, e seguindo sendo o partido maioritario representado no Seimas. Formou un goberno de coalición co Movemento dos Liberais da República de Lituania e co Partido da Resurrección Nacional, xuntos contan con máis da metade dos deputados no parlamento, facendo a Andrius Kubilius, Primeiro ministro por segunda vez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]