Unión de Teo y Vedra
Aparencia
Unión de Teo y Vedra | |
---|---|
![]() | |
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1920 |
Primeira edición | 1920 |
Última edición | 1967 |
Descrito por | Consello da Cultura Galega e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unión de Teo y Vedra foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1920 e 1967.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Órgano oficial de las Sociedades Agrarias de Teo y Vedra, estaba editada pola Federación de Residentes de Teo en Suramérica. O seu lema dicía: "Por la instrucción, protección y emancipación del pueblo gallego". De periodicidade mensual, veu continuar a revista Teo. Ofrecía información sobre o labor desenvolto polas institucións patrocinadoras, noticias de actualidade política e social da comarca (denunciando as manipulacións caciquís e clericais) e colaboracións literarias de Xan Baña, José Pereiro e Eduardo Blanco Amor. Mantivo polémicas con El Agrario Barcalés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Unión de Teo y Vedra". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 183. ISBN 84-87172-30-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Unión de Teo y Vedra no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.