Unión do Pobo Ribadense
Unión do Pobo Ribadense | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Unión do Pobo Ribadense foi un partido político local de Ribadeo. Foi creado de cara ás municipais de 2007, nas que obtivo dous concelleiros (Paco Rivas, o seu fundador,[1] e Tino Reimóndez) nunha corporación de 13, sendo o cuarto partido máis votado (e último, xa que non se presentaron máis). Nas eleccións de 2011 obtivo un posto no concello (Paco Rivas, que posteriormente cedeu o seu lugar a Tino Reimóndez, representante até as eleccións de 2015), sendo o terceiro partido máis votado dos catro participantes.
Dispuña dunha organización xuvenil, as xuventudes de UPRi.
Non se ten presentado ós comicios autonómicos nin xerais, a máis das dúas eleccións locais (2007 e 2011).
O día 26 de febreiro de 2015 comunicou a súa disolución, ó tempo que parte dos seus membros comunicaron que tentarían integrar unha lista de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía en Ribadeo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A., J. (27-2-2015). "UPRI confirma su disolución en Ribadeo y tratará de hacer una lista de Ciudadanos". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 26-7-2019.
- ↑ A., J. (27-2-2015). "UPRI confirma su disolución en Ribadeo y tratará de hacer una lista de Ciudadanos". lavozdegalicia.es (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |