Oficina do Censo dos Estados Unidos de América
A Oficina do Censo dos Estados Unidos (do inglés United States Census Bureau) é unha axencia estatal responsable do censo dos Estados Unidos de América. O seu obxectivo é dar unha fonte de datos de calidade sobre a poboación dos Estados Unidos e a súa economía. En xuño do 2007 foi nomeado director da Oficina Steven Murdock.
Estas oficinas atópanse no Ministerio de Comercio onde se elaboran os estudos estatísticos, e é un departamento gobernamental dos Estados Unidos. É o equivalente ao INE español.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde 1790 o censo é realizado pola Oficina do Censo dos Estados Unidos (logo da Revolución Americana). Desde entón houbo 21 censos federais. O último reconto foi no 2000, e o anterior en 1990. O próximo será no 2010. Con todo a oficina do censo realiza estimacións de poboación entre reconto e reconto, de feito, na súa páxina web presume ter un contador de poboación en tempo real.
Desde 1902, o órgano oficial do empadroamento do goberno dos Estados Unidos son as oficinas do censo. A constitución dos Estados Unidos, establece que polo menos unha vez cada 10 anos, as oficinas do censo enumeren a poboación do país e de cada estado que o forma.
Organización estrutural e territorial
[editar | editar a fonte]Cada oficina é dirixida por un director, asistido por un deputado director e persoal executivo do a asociación de directores.
A xefatura das oficinas do censo, están situadas no 4600 de Silver Hill Road, Suitland (Maryland). Hai oficinas filiais noutras 12 cidades: Boston, Nova York, Filadelfia, Detroit, Chicago, Kansas City, Seattle, Charlotte, Atlanta, Dallas, Denver, e Os Ánxeles. Estas oficinas adicionais utilízanse para facilitar os censos decenais.
A oficina do censo tamén dirixe o programa cooperativo do centro de información do censo (CIC-Census Information Centers), que implica a 47 organizacións non lucrativas nacionais, rexionais, e locais. O obxectivo do CIC é representar os intereses das comunidades desatendidas.