Universal Music Group
Universal Music Group | |
---|---|
Acrónimo | UMG |
Tipo | editora discográfica, major label, record label group e empresa de capital aberto |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | setembro de 1934 |
Fundador(es) | MCA Inc. |
Director/a | Lucian Grainge e Doug Morris |
Director/a | Lucian Grainge |
Nº de empregados | 7.912 (2017) |
Organización matriz | Vivendi, Tencent e Pershing Square Holdings |
Organización subsidiaria | Def Jam Recordings, MCA Records, Flip Records, Universal Music Japan, Universal Music Hong Kong, EMI Records Japan, Universal Music France, Interscope-Geffen-A&M, Capitol Music Group, Eagle Rock Entertainment, Republic Records, Inc., Virgin EMI Records, The Island Def Jam Music Group, Polydor Records, Decca Records, Verve Records, Universal Music Romania, Universal Music Spain, Universal Music Enterprises, Universal Music Portugal, Universal Music Australia Pty. Ltd., Amaru Entertainment, EmArcy, Ruff Ryders Entertainment, Musidisc, London Records, Roc-A-Fella Records, Shady Records, Vertigo, Island Records, Cash Money Records, Mass Appeal Records, Young Money Entertainment, Interscope Records, Mercury Records, Capitol Records, Inc., Motown, Priority Records, Universal Music Group Nashville, Universal Music Taiwan, Deutsche Grammophon, Universal Music Latin Entertainment, Casablanca Music, LLC, UMG Recordings, Inc., Universal Music Operations Ltd., Polar Music International AB, The Kushner-Locke Company, Millennium Media, Universal Music GmbH, Imperial, Universal Music Sdn. Bhd., EMI Records, Universal Music Russia, Virgin Records, Eccentric music, SDKT Entertainment, Venkow Records, Universal Music Argentina S.A., Universal Music Malaysia e Universal Music Indonesia |
Sede | Santa Monica, Broadway, California e Nova York |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.universalmusic.com/ e http://www.universalmusic.fr/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Universal Music Group ou UMG, antigamente MCA Music Entertainment, é a segunda maior gravadora da industria da música, cunha cota do 25,5% no mercado, entrando polo tanto no grupo das catro maiores gravadoras do mundo. A súa dona é a empresa Vivendi. O seu catálogo inclúe algúns dos maiores artistas da actualidade como Amy Winehouse, Selena Gomez, Demi Lovato, Bon Jovi ou Lady Gaga.
Universal Music Group posúe unha editora musical, Universal Music Publishing Group, que se converteu na máis grande do mundo despois de adquirir BMG Music Publishing en maio do 2007.
As oficinas centrais de Vivendi atópanse en París, pero o cuartel xeral de UMG está en Santa Monica (California) e mais en Nova York. As oficinas de Nova York adícanse principalmente á distribución internacional de Universal Records, mentres que as de Santa Monica supervisa o traballo da compañía no Canadá e nos Estados Unidos. Estas últimas son tamén a sede de Interscope Records. Tamén ten oficinas en Nashville e Miami, no Reino Unido traballa dende Londres e Romford, e no Xapón a súa sede está en Minato, Toquio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en inglés)