Saltar ao contido

Universidade de Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Córdoba
Datos xerais
LocalizaciónCórdoba España España
Fundación1972
Datos actuais
ReitorManuel Torralbo Rodríguez
Alumnos21.000 (2023)
Datos de contacto
EnderezoAvenida Medina Azahara, s/n
Córdoba, España España
Páxina webwww.uco.es
BNE: XX135414 Dialnet: 4476385
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Córdoba (UCO) é unha institución pública de educación universitaria situada na cidade de Córdoba, España. Creada en 1972, afunde as súas raíces a través da súa Facultade de Veterinaria no século XIX. Oferta estudos de grao e posgrao en humanidades, ciencias sociais, ciencias da saúde, ciencias naturais e enxeñaría.

Dous séculos de historia avalan a traxectoria da Universidade de Córdoba, que, fundada como tal en 1972, afunde as súas raíces na Universidade Libre que funcionou na provincia a finais do século  XIX e conta con estudos centenarios como os de Veterinaria, únicos en Andalucía. A súa mocidade e as súas dimensións medias -a UCO ten 21 000 alumnos; algo máis de 1200 profesores e 700 traballadores- dotárona do dinamismo necesario para ir adaptándose e entrar no século  XXI como unha universidade de alta calidade docente e probada solvencia científica.

Os estudos da UCO van desde as Humanidades e as Ciencias Xurídico-Sociais ás Ciencias da Saúde e as carreiras científico-técnicas, tres áreas que se corresponden coa súa estructuración en tres grandes campus: o xurídico social, integrado no centro urbano; o da Saúde, ao oeste da capital, e o agroalimentario, científico e técnico de Rabanales, na área este. Ademais, a UCO conta coa Escola Politécnica de Belmez, situada a sesenta quilómetros da capital cordobesa.

O campus de Rabanales constitúe a mellor proba do proceso de modernización que caracteriza á Universidade. As súas instalacións dan cabida á máis avanzada infraestrutura para a investigación e a docencia, á vez que integran toda unha serie de servizos complementarios que o converten nun dos complexos docentes máis destacados de Andalucía. Rabanales concentra boa parte da produción científica da Universidade, situada á vangarda da investigación na comunidade autónoma andaluza e entre as institucións investigadoras máis relevantes a nivel nacional. Tanto a investigación como a docencia son entendidas na Universidade de Córdoba como os dous grandes alicerces da institución, sempre cunha mesma meta: a calidade. A ese obxectivo únese o papel protagonista que a UCO está a xogar no desenvolvemento do Espazo Europeo de Educación Superior. Docencia, Investigación, Calidade e Europa son, por tanto, as máximas que rexen na actualidade a vida da Universidade. A Universidade de Córdoba preside na actualidade o Campus de Excelencia Internacional Agroalimentario (ceiA3).

Facultade de Medicina e Enfermaría.
Facultade de Filosofía e Letras.
Facultade de Ciencias da Educación e Psicoloxía.

Información académica

[editar | editar a fonte]

Organización

[editar | editar a fonte]

Campus Universitario de Rabanales

[editar | editar a fonte]

Campus de Menéndez Pidal

[editar | editar a fonte]
  • Facultade de Medicina e Enfermaría
  • Facultade de Ciencias da Educación e Psicoloxía
  • Anexo Facultade de Ciencias do Traballo

Campus Centro

[editar | editar a fonte]
  • Facultade de Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais
  • Facultade de Ciencias do Traballo
  • Facultade de Filosofía e Letras
  • Escola Universitaria de Maxisterio Sacro Corazón (centro adscrito)

Campus Provincia

[editar | editar a fonte]
  • Escola Politécnica Superior de Belmez

Publicacións

[editar | editar a fonte]

A universidade publica diversos libros e revistas a través do seu editorial, UCOPress.

Centros de investigación

[editar | editar a fonte]

A Universidade de Córdoba conta cos seguintes centros de investigación:[1]

  • Centro de Documentación Europea
  • Centro Experimental Andaluz de Sanidade Animal (CEASA)
  • Hospital Clínico Veterinario
  • Rede Española de Aerobiología
  • Hospital Universitario Raíña Sofía
  • Xardín Botánico de Córdoba
  • Instituto Andaluz Interuniversitario de Criminología (IAIC).
  • Centro Andaluz de Apicultura[2]
  • Instituto Maimónides de Investigación Biomédica de Córdoba (IMIBIC), xunto ao Hospital Universitario Raíña Sofía e a Xunta de Andalucía
  • Instituto Químico para a Enerxía e o Medio (IQUEMA)
Reitor Manuel Torralbo Rodríguez

Os reitores da Universidade de Córdoba desde a súa fundación en 1972 foron:[3]

  • Francisco Castejón Calderón (1972 - 1977)
  • Alberto Losada Villasante (1977 - 1981)
  • José Peña Martínez (1981 - 1984)
  • Vicente Colomer Viadel (1984 - 1990)
  • Amador Jover Moyano (1990 - 1998)
  • Eugenio Domínguez Vilches (1998 - 2006)
  • José Manuel Roldán Nogueras (2006 - 2014)
  • José Carlos Gómez Villamandos (2014 - 2022)
  • Manuel Torralbo Rodríguez (2022 - actualidade)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  • Reitorado da Universidade de Córdoba
  • Biblioteca da Universidade de Córdoba
  • Ranking de universidades españolas

Referencias

[editar | editar a fonte]

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?ide=BOE-A-1972-1400

  1. Centros de Investigación Arquivado 20 de outubro de 2020 en Wayback Machine., página de la Universidad de Córdoba. (Consultado el 14 de marzo de 2009).
  2. El Centro Andaluz de Apicultura, una década de I+D a medida para el sector
  3. Universidad de Córdoba, artículo de Cordobapedia, publicada en castellano bajo la licencia GFDL. (Consultado el 15 de marzo de 2009).

Enlaces externos

[editar | editar a fonte]