Universidade de Cidade do Cabo
Aparencia
Universidade de Cidade do Cabo University of Cape Town | |
---|---|
Upper Campus | |
Datos xerais | |
Localización | Cidade do Cabo |
Datos actuais | |
Reitor | Graça Machel (presidenta do consello de administración) |
Alumnos | 29 074 |
Datos de contacto | |
Páxina web | www.uct.ac.za/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Cidade do Cabo (University of Cape Town, UCT) é unha universidade pública localizada en Cidade do Cabo, na provincia de Cabo Occidental, en Suráfrica. Foi fundada en 1829 como South African College, e é a universidade máis antiga do país.[1] A lingua de instrución é o inglés.
Historia
[editar | editar a fonte]A UCT ten a súa orixe no establecemento do South African College en 1829 como unha escola masculina. En 1874 as South African College Schools, onde se impartía até o ensino secundario, separáronse da Universidade. En 1918 o South African College foi elevada a estado universitario co poder de outorgar graos, e renomeado como Universidade de Cidade do Cabo.[2]
Alumnado destacado
[editar | editar a fonte]Cinco persoas graduadas na Universidade recibiron o Premio Nobel:
- Ralph Bunche, científico, político e diplomático estadounidense, gañou o premio Nobel da Paz en 1950 pola súa función no armisticio árabe-israelí de 1949.
- Max Theiler, virólogo surafricano de ascendencia suíza, gañou o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1951 polo desenvolvemento dunha vacina contra a febre amarela.
- Allan McLeod Cormack, físico surafricano, recibiu o Nobel de Medicina en 1979.
- Aaron Klug recibiu o Premio Nobel de Química en 1982.
- John Maxwell Coetzee recibiu o Premio Nobel de Literatura en 2003.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Swanson, Felicity (2007). "‘Die SACS kom terug’: intervarsity rugby, masculinity and white identity at the University of Cape Town, 1960s-1970s". En Field, Sean; et al. Imagining the City: Memories and Cultures in Cape Town (PDF). Cape Town: HSRC Press. p. 210. ISBN 0-7969-2179-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2007. Consultado o 8 de xuño de 2007.
- ↑ "QS World University Rankings - 2011". Top Universities. 19 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2012. Consultado o 20 de novembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Cidade do Cabo |
- Estatuto da Universidade de Cidade do Cabo, Government Notice No. 1199, 20 de setembro de 2002 (en inglés).