Saltar ao contido

Universidade de Hacettepe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Hacettepe
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Twitter: hacettepe1967 Instagram: hacettepe_university Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Hacettepe é unha universidade localizada en Ancara é, con 36.112 estudantes e 3495 funcionarios académicos unha das maiores universidades de Turquía. Foi fundada o 8 de xullo de 1967.

Con base nos resultados académicos, é a universidade que ten a mellor facultade de Medicina do país. A Universidade ten 2 campus principais. O primeiro campus está situado na antiga cidade de Ancara, onde se atopa a Facultade de Medicina, e o segundo, o campus de Beytepe, o campus está a 13 km do centro da cidade e cobre 6.000.000 de metros cadrados de bosques e zonas verdes. Nel atópanse as Facultades de Ciencias Económicas e Administrativas, Dereito, Educación, Enxeñaría, Belas Artes, Letras e Ciencias. Ademais destes dous campus principais, a Escola de Traballo Social está situada en Keçiören e o Conservatorio Estatal de Ancara, onde esta última estaba afiliada á universidade desde 1982, está no campus de Serşevler.