O University College Dublin Rugby Football Club é o club de rugby do University College Dublin, que ten a súa casa en Dublín (Irlanda). Xogan os seus partidos como local no UCD Bowl. O club foi fundado en 1910 e gañaron o seu primeiro trofeo, a Leinster Junior Challenge Cup, en 1914. En 1924 gañaron a súa primeira Leinster Club Senior Cup. Dende 1952 xogaron un partido desafío anual, The Colours Match contra os seus rivais Dublin University Football Club, da Universidade de Dublín. En 1993 cando a AIB League ampliouse a catro divisións para incluír 46 clubs sénior, o UCD e outros catro equipos universitarios participaron na liga. En 2001 gañaron a 2ª División da AIB League, gañando o ascenso a primeira. Continuaron xogando nesta división ata a tempada 2008-09, cando remataron penúltimos e foron descendidos. Foron o primeiro equipo universitario irlandés de rugby que xogou na 1ª División da AIB League.