Universo observable
O universo observable, horizonte cosmolóxico ou volume de Hubble é o anaco de Universo que se pode ver dende a Terra cos nosos métodos de detección de obxectos, como telescopios. Isto acontece porque o universo ten 13 825 millóns de anos e a luz percorre 300 000 quilómetros por segundo, é dicir 9,5 billóns de quilómetros nun ano (ano luz). Hai galaxias das que aínda non nos chegou a súa luz. Porén, vemos as galaxias do universo observable máis afastadas aínda da idade do universo, pero, aínda así, estas vémolas como se estivesen máis preto. Isto débese a que, cando a súa luz foi emitida, estaban máis preto. Polo tanto, diámetro do universo observable é de 46 500 millóns de anos luz, sendo isto denominado como distancia comóbil.
Hai científicos que pensan que o universo observable é unha mínima parte do universo. Pola contra, outros científicos pensan que é case todo o universo. A Terra representaría o centro do universo observable, non a do universo na súa totalidade. Podemos ver a mesma distancia en todas as direccións. O universo observable está medrando cara a todas as direccións. En principio, suponse que de xeito isótropo, é dicir, coa mesma taxa de expansión en todas as direccións, pero na actualidade é algo que está posto en dúbida.[1]
Métodos de detección
[editar | editar a fonte]Para observar o universo observable hai catro telescopios principais que son:
- Hubble: Utiliza luz visible, ultravioleta e infravermella próxima.
- Chandra: Utiliza raios X.
- Compton: Utiliza raios gamma.
- Spitzer: Utiliza luz infravermella afastada.
A simple vista podemos ver a 2,5 millóns de anos luz no que se denomina esfera celeste.
Composición
[editar | editar a fonte]O universo observable está composto segundo a sonda Planck por un 68,3 % de enerxía escura 26,8% de materia escura e un 4,9% de materia visible. Sabémolo pola densidade dos átomos na orde do núcleo de hidróxeno sinxelo para catro metros cúbicos. Non se sabe que é a materia e a enerxía escura.
O seu volume é de 1,09×1079 metros cúbicos e a súa masa é de 9,27×1052 kg.
Estrutura
[editar | editar a fonte]As galaxias tenden a agruparse en cúmulos e supercúmulos.
Nós vivimos na Vía Láctea no chamado Brazo de Orión. A Vía Láctea está no Grupo Local e este no Supercúmulo Laniakea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Repensando la cosmología: la expansión del universo podría no ser uniforme". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "www.astromia.com" (en castelán).
- "Atlas of the Universe" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2019.