Urbano Feijoo Sotomayor
- Non confundir con Urbano Feijoo Sotomayor Ron (†1959).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Urbano Feijoo Sotomayor y Cejo 1808 Bamio, España |
Morte | 10 de agosto de 1898 (89/90 anos) Viana do Bolo, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Urbano Feijoo Sotomayor, nado en Bamio en 1808[1] e finado en Viana do Bolo o 10 de agosto de 1898[2][1], foi un empresario e político galego, irmán de Camilo Feijoo de Sotomayor[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comerciante na Habana, accionista do ferrocarril de Sagua e vocal da Xunta de Auxilio. En 1853 aprobouse o seu proxecto de colonización galega da illa de Cuba, que se empezou a realizar a partir de 1854. A xustificación do proxecto era a salvación de moitos galegos que atravesaban un período de fame severa polas malas colleitas, mais en realidade a intención final era a salvación dos enxeños de azucre que xestionaba na illa[4]. O operativo levou á illa de Cuba 2000 galegos en condicións de escravitude. Urbano Feijoo foi o exclusivo beneficiario. Rematou ao ano seguinte, debido ao escándalo que provocou. O negocio rematou sen a condena do contratista e evitando o Estado a súa responsabilidade.
Foi deputado no Congreso por Ourense (1854), por Verín (abril de 1872) e polo distrito de Matanzas (Cuba) en 1881.
Casou con Carlota Robleda.
Obras
[editar | editar a fonte]- Isla de Cuba : Inmigración de trabajadores españoles. Documentos y memorias escritos sobre esta materia Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. A Habana, 1853.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Vázquez de Gey, Elisa (2022). "Urbano Feijoo Sotomayor". Álbum de Galicia. doi:10.17075/adg.2022.23823.
- ↑ El Diario de Pontevedra 19-8-1898, p. 3.
- ↑ Salgado, Fernando (25/10/2015). "La vajilla y el azúcar cubano de los Feijoo de Sotomayor (I)". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21/2/2021.
- ↑ Xestoso, Manuel (2/4/2021). "Escravos galegos en Cuba". Nós Diario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urbano Feijoo Sotomayor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 29.
- Vilanova, Alberto. "FEIJOO DE SOTOMAYOR, Urbano". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lombardero, Gerardo (18/11/2010). "El escándalo de la trata de emigrantes de Galicia en Cuba durante el siglo XIX" La Nueva España.
- Ficha no Congreso dos Deputados
- Ficha en Xenealoxia.org Arquivado 04 de novembro de 2016 en Wayback Machine.
- Crónicas: Emigración gallega (8/10/2015). Televisión Española (en castelán).