Uri Zvi Greenberg
Nome orixinal | (he) אורי צבי גרינברג |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (mul) Tur Malka 22 de setembro de 1896 Bilyi Kamin (Imperio Austrohúngaro) |
Morte | 8 de maio de 1981 (84 anos) Ramat Gan, Israel (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio xudeu do Monte das Oliveiras |
Membro de Knesset | |
14 de febreiro de 1949 – 20 de agosto de 1951 Lexislatura: 1ª lexislatura da Knesset | |
Datos persoais | |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria, xornalismo e política |
Lugar de traballo | Xerusalén |
Ocupación | poeta, xornalista, político, escritor |
Partido político | Herut |
Pseudónimo literario | Uri Zvi Tur-Malka Atsag |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Aliza Tur-Malka Greenberg |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Uri Zvi Greenberg (Lvov, 1896 — 1981), foi un poeta e político israelí.
Nado no seo dunha familia hasídica, recibiu unha educación relixiosa tradicional. Escribiu os seus primeiros poemas, en hebreo e yiddish, antes dos vinte anos. En 1915 serviu no exército austríaco ata que en 1917 desertou e volveu a Lvov, onde a experiencia dos pogroms de novembro de 1918 marcaríao para o resto da súa vida. Ata 1924 viviu en Varsovia e Berlín e continuou a escribir en yiddish e hebreo, pero nese ano marcha a Israel e escribe unicamente en hebreo.
Nos primeiros anos en Israel vencellouse ao Partido Laborista e escribiu regularmente en Davar, o diario laborista, pero na fin da década achégase ao movemento revisionista, logo dos disturbios en Palestina de 1929 convértese no representante do revisionismo en Polonia.
Despois da ocupación alemá de Polonia, Greenberg consegue escapar a Israel, pero o resto da súa familia falece no Holocausto. En Palestina foi membro do Irgun, e logo da creación do Estado de Israel, foi deputado o partido Herut na primeira Knesset