Usuario:BREAMOA14
Hearthstone (antes coñecido como Hearthstone: 'Heroes of Warcraft') é un xogo de cartas coleccionables en liña creado pola empresa Blizzard Entertainment. Está centrado no de Warcraft, e é de descarga gratuita, aínda que con compras opcionais para acelerar o ritmo de colección de cartas e acceso a contidos extra.
O xogo foi anunciado o 22 de marzo do 2013, con todo, durante o PAX East 2013 presentouse unha demo.[1][2] Publicouse oficialmente o 11 de marzo do 2014. Actualmente está dispoñible para Windows, OS X e dispositivos móbiles iOS e Android. Ademais da colección de cartas inicial (Básica e Clásica), Hearthstone introduce de forma regular expansións (Goblins vs. Gnomos, O Gran Torneo, Susurros dos Deuses Antigos, Mafias de Gadgetzan, Viaxe a Un'Goro, Cabaleiros do Trono Xeado, Kóbolds & Catacumbas, O Bosque Embruxado, O Proxecto Armagebum, e a máis recente:A Arena de Rastakhan ) e aventuras (A Maldición de Naxxramas, Montaña Roca Negra, A Liga de Expedicionarios e Unha Noite en Kharazan) con novas cartas e mecánicas.
A principios de maio de 2015 alcanzáronse os 30 millóns de contas rexistradas en Hearthstone.[3]
Desarrollo del juego
[editar | editar a fonte]- ↑ "Blizzard Entertainment: Comunicados de prensa" (en español). 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ "Hearthstone: Heroes of Warcraft develado en PAX East" (en español). 22 de marzo de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2013.
- ↑ "Hearthstone Reaches 30 Million Players". GameSpot. 5 de maio de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2019.