Saltar ao contido

Usuario:BeaParanoidme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alexander Sutherland Neill (1883-1973)[editar | editar a fonte]

Foi un educador progresista escocés, artífice e fundador da Escola de Summerhill, considerado un dos centros pioneiros da educación en liberdade.

O seu descontento coa pedagoxía que había ata o momento, a oficial británica, lavaríao ata Alemania en 1921, onde desenvolveu os métodos que, tras a súa volta a Inglaterra, deron carácter á Escola de Summerhill, que foi finalmente recoñecida pola Ofsted inglesa en 2007 e, pouco despois, premiada polas Nacións Unidas polo seu excepcional tratamento dos niños.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Forfar, nas terras baixas de Escocia, foi un dos trece fillos de dous mestres rurais. Escolarizouse na propia escola paterna, en Kingsmuir. Tras ser colocado sen éxito como aprendiz nun par de negocios, comezou a axudar ao seu pai como alumno-profesor. Esa experiencia serviulle para traballar como mestre en diversas escolas rurais escocesas. Neill chegaría a graduarse en inglés na Universidade de Edimburgo (1912).

Uns primeiros ensaios no mundo do periodismo, en Londres, serían finalmente interrompidos pola guerra (1914) e tras seres declarado non apto para o exército, dirixe a Gretna Green School, experiencia que describe e analiza en “Diario dun mestre” (1916), o seu primeiro libro.

En 1917, a pesar do seu talante anti-belicista e dos seus problemas vasculares nos pes, dáse de alta no exercito e, superada a instrución, integrase no Real Rexemento de Artillería. Antes de seres enviado a Francia sofre unha sucesión de crises nerviosas. Tras a baixa definitiva solicita emprego na Escola King Alfred que dirixe John Russell. A pesares do seu entendemento co veterano pedagogo, a posta en escena das súas teses educativas chocou coa filosofía da Xunta de Profesores e cos resultados globais finais. Prescindiron de Neill.

Tras deixar a escola londiniense King Alfred en 1920, colaborou durante uns meses con Beatrice Ensor como co-editor do "The New Era" portavoz non oficial da Sociedade Teosófica.

En 1921, o seu primeiro viaxe ao continente Europeo levoulle a visitar en Hellerau, suburbio de Dresde, aos seus amigos Karl e Cristine Baer, así como ao arquitecto e doutor Otto Neustatter e a súa esposa Lilian (que máis tarde sería a súa primeira muller). Anos antes, Jacques-Dalcroze, compositor suízo e profesor de música, fundara unha escola en Hellerau entre 1910 y 1914, clausurada co estoupido da Primeira Guerra Mundial. Seguindo a súa estela, Neill e os seus amigos alemáns crearon a Escola Internacional en 1921 e co apoio do Ministerio de Educación xermano.

Dous anos despois, a revolución en Sajonia fixo que se dispersasen. Neill e o seu grupo trasladáronse a Sonntagberg en Austria, e de alí a Lyme Regis (1924), en Dorset, Inglaterra, a unha finca chamada Summerhill e con tan so cinco alumnos. En 1927, vencido o contrato de aluguer e con 27 alumnos trasladouse ao seu actual emprazamento en Leiston, Suffolk, bautizando o novo edificio co nome do anterior, a pesar de seres un lugar absolutamente chan.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Neill tivo que abandonar temporalmente o seu querido “fogar” en Leiston, para instalarse en Festiniog, en Gales do Norte, triste e desgraciada experiencia na que morreron un dos seus mellores alumnos e Lily, a súa primeira esposa. Finalizada a guerra, Neil, Ena, a súa nova muller, e o seu gato regresaron a un bastante deteriorado Summerhill. Sería o inicio dunha larga carreira pedagóxica xa ininterrompida. Tras a morte de Neill en 1973, a escola foi dirixida pola súa segunda esposa, Ena, ata 1985, e logo pola súa filla Zoë Neill Readhead.

Introducción[editar | editar a fonte]

A súa proposta educativa concretouse na creación da escola Summerhill, que aínda que tivo unha repercusión mundial nos anos 1960, fundouse no ano 1921, e no ano 1924 trasladouse ao pequeno edificio no que segue a funcionar na actualidade. Deste modo, unha experiencia educativa tan absolutamente radical, ten case un século de existencia.

Summerhill non é unha escola infantil, atendeu sempre a nenos e nenas maiores de 6 anos, cunha liña similar ao que aquí poderían ser os Programas de cualificación profesional inicial (PCPI), sen embargo presentámola nesta unidade pola súa peculiaridade na proposta pedagóxica. O centro acolle, na actualidade, arredor de 80 rapaces e rapazas entre os 8 ou 9 anos e os 17, aínda que pasou por momentos ao longo da súa historia nos que estivo a piques de pechar pola súa reducida asistencia. Esta escola está moi influída pola de Little Commonwealt, creada por Homer Lane que estaba dirixida a rapaces delincuentes, permitíndolles unha grande autonomía, que nalgúns casos chegou ao vandalismo, no que parece que o propio Lane chegou a participar xunto co seu alumnado.

O principio básico é a liberdade, de xeito que as persoas que están matriculadas en Summerhill non teñen a obriga de asistir ás aulas, poden, se queren pasar o día a xogar ou a realizar actividades manuais nos obradoiros. Cando foi visitada por moitos xornalistas nos anos 1960 escribían cousas como "cada cal fai o que se lle antolla", "é un universo kafkiano con casas estragadas e ás veces con mostras de vandalismo", e o mesmo Neill nalgún dos seus libros sinala "a escola é vítima dos estragos que causan os nenos, o deterioro dos obxectos segue un proceso natural, e se un neno necesita un pedazo de metal, tomará un dos meus custosos utensilios se é do tamaño que lle fai falta".

Neill participou nos primeiros congresos da Escola Nova xunto con Decroly ou Montessori coa que, loxicamente, tiña importantes enfrontamentos. Pero compartía con eles a idea de que o ser humano é bo por natureza, deixándolle facer libremente sen os límites da sociedade. Outra das ideas que compartía coa Escola Nova é a importancia de respectar os intereses do alumnado, pero levado ao seu extremo, de xeito que para Neill "o interese é o que pode facer coa súa cantidade infinita de enerxía vital", así que calquera cousa que está a facer unha crianza é porque lle interesa, e a Neill dálle igual a utilidade real que poida ter esa actuación, terá máis utilidade que "asistir a unha aula de gramática dunha hora".

Os libros de Neill non mostran ningunha preocupación pola metodoloxía didáctica, de feito o traballo nas aulas é moi próximo ao modelo tradicional, a súa preocupación era formar persoas autónomas, capaces de tomar decisións con autonomía. Será por este motivo que o elemento esencial da súa escola será a Asemblea que se celebra unha vez á semana e na que se establecen as normas de funcionamento. Na asemblea todas as persoas teñen un voto co mesmo valor, tanto profes como alumnos.

Escola e pedagoxía[editar | editar a fonte]

A escola Summerhill é un internado situado no sur de Inglaterra no que conviven chicos e chicas dos cinco aos dezaseis anos aproximadamente. Tras moitos inconvintes sobreviviu ata agora cunha fama que chegou a súa cima nos anos 60 e 70 do século XX. Legalmente, funciona como escola privada na que os nenos poden escolarizarse, pero en moitas ocasións as súas peculiaridades expuxérona ao peche tras as inspeccións que leva a cabo o goberno británico.

Neill cría que é máis importante o desenvolvemento adecuado das emocións que o adianto intelectual. Un neno emocionalmente san poderá enfrontarse no futuro ao que queira facer e incluso poñerse á altura, en coñecementos e recursos intelectuais, dos nenos da escola convencional. Opoñíase ao estímulo da competitividade fomentada nos nenos: O mellor da clase, o máis listo, as mellores notas. O fundamental, para Neill é o equilibrio emocional, como factor clave para que os nenos se fagan persoas felices, obxectivo último da educación.

Tamén, como freudiano, Neill opoñíase con forza á represión sexual e á imposición de valores puritanos estritos (propios da educación da primeira metade do século XX). Para él, insultar o sexo e a sexualidade era insultar a vida, e convertela nunha forma de desexo máis ou menos consciente de morte.

É moi importante matizar o que Neill entende por liberdade. O feito de que os nenos dispoñan dun amplo marxe de autonomía e liberdade non implica que na escola reine a libertinaxe. A verdadeira liberdade é a que non supón un abuso dos dereitos alleos,vai asociada ao respecto e a responsabilidade. O neno libre auto-controlase, sen que isto supoña represión de ningún tipo, xa que o fai pola estima en que ten aos demais, debido a un tipo de relacións con eles sen medos nin odio. Nisto se basea a aprendizaxe da liberdade. Respecto e liberdade están intimamente ligados, e se aprenden, basicamente, convivindo. É dicir, un neno que toca o tambor ás tres da mañá e desperta aos seus pais non está exercendo a súa liberdade, senón abusando, colocándose en canto a dereitos por enriba dos mesmos. A convivencia ideal, segundo a entende Neill, é unha horizontalidade nas relacións entre nenos e adultos na que ningún posúa todos os dereitos e anule os do outro. O autoritarismo tradicional na educación oprimía aos nenos, en canto non respectaba as súas peculiaridades e forma de ser. Pero a solución non é un libertinaxe no que a tortilla se de a volta, sen deixar de ser a mesma tortilla (sociedade autoritaria). Isto é algo que Neill repite a miúdo e que producíu enormes malentendidos en moitos pais que quixeron aplicar as súas teorías nos anos sesenta e setenta do século XX.

O sistema pedagóxico de Neill foi tan criticado por uns como querido por outros. Os seus controvertidos principios e o funcionamento da escola que fundou recibiron tanto adulación como críticas. En especial, cuestionouse o entorno de illamento no que se educa, lonxe dunha sociedade cuxas regras son ben diferentes. Non obstante, Neill sempre defendeu que os nenos se adaptarían a calquera entorno ao saír.

Biografía e ensaio[editar | editar a fonte]

(1975) “Corazóns, non só cabezas na escola”. México D. F., Editores mexicanos unidos

(1979) “Autobiografía. Neill! Neill! Orange peel!” Madrid, Fondo de Cultura Económica.

(1994) “Summerhill. Un punto de vista radical sobre a educación dos nenos”. Madrid, Fondo de Cultura Económica.

Narrativa para nenos[editar | editar a fonte]

“Booming of Bunkie” (1919), “Carroty Broom” (1920), “A Dominies's” (1924) e “Last Man Alive” (1939).

Libros sobre Neill[editar | editar a fonte]

Fromm, Erich (coord.) (1971). “Summerhill: Pro e Contra”. México: Fondo de Cultura Económica (Biblioteca de psicoloxía e psicanálise).

Segefjor, Bjarne (1974) “Diario de Summerhill”. Editorial Extemporáneos.

Hemmings, Ray (1975). “Cincuenta anos de liberdade: as ideas de A.S Neill e a escola de Summerhill”. Madrid: Alianza (Alianza Universidade).

Popenoe, J. (1975). “Summerhill. Unha experiencia pedagóxica revolucionaria”. Barcelona: Laia.

Toro Traniello, Josep (1981). “Mitos e errores educativos: Castigo, sobre-protección, Freinet, Summerhill...” Barcelona: Fontanella.