Usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta Xunta Directiva xuño 2019
Aparencia
Reunidos en Santiago de Compostela, a 22 de xuño de 2019, ás 17:30 h., en primeira convocatoria, coa asistencia de tódolos seus membros, a Xunta Directiva tratou e acordou as seguintes cuestións:
Orde do día
[editar | editar a fonte]- Pasos administrativos realizados para a constitución da asociación e seguintes tarefas a realizar
- Rogos e preguntas
Desenvolvemento da reunión e acordos adoptados
[editar | editar a fonte]- O presidente e o secretario informan de que a Xunta de Galicia inscribiu a asociación no Rexistro Central de Asociacións co número 2019/023391-1º. Indícase que o seguinte paso é solicitar o CIF e a exención fiscal para ONGs en Facenda para proceder despois á solicitude da conta bancaria para a asociación.
- Non hai rogos nin preguntas.
E sen máis temas a tratar levántase a sesión ás 18:30 horas, do que eu como secretario, dou fe.
O Secretario, O presidente,
Vitor Fresco Barbeito Elisardo Juncal Muñiz