Actualmente temos 251 artigos de calidade, que comezaron a escollerse dende o ano 2010.
No último ano fíxose un gran esforzo por mellorar a calidade da Galipedia. Isto mídese con diversos parámetros internos e tamén pola completitude dunha lista de 1.000 artigos que tódalas wikipedias deberían ter. Grazas a este esforzo en poucos meses pasamos do posto 36 ó 23 actual, facendo que a calidade do proxecto vaia aumentando de forma moi importante.