Saltar ao contido

Usuario:Jarlaxle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvidos á miña páxina de usuario; se é a primeira vez que entrades na Galipedia, podédesvos crear tamén un espacio coma este se vos rexistrades.

Quén son eu

[editar | editar a fonte]

Fora de aquí son un estudante de Bioloxía. Na Internet chámome Drow_male, son de esquerdas e teño unha web chamada Cadena Peco que critica á COPE, á SGAE e á Igrexa Católica. Nembargantes, a miña estancia en diferentes versións da Wikipedia (como son a española sobre todo, pero tamén a inglesa e a galega) ten pouco que ver con esta condición, xa que coido que este enorme proxecto e suficientemente importante coma para olvidarnos de partidismos.

As miñas primeiras edicións na Galipedia son sobre artigos de Xeoloxía e Paleontoloxía, por unha iniciativa dun profesor de Paleobioloxía, unha asignatura da Universidade da Coruña na que fixemos varios términos relacionados co tema nun Wiki interno.

Ah, este nome que teño, Jarlaxle, é un personaxe de ficción das novelas de R.A. Salvatore: é un drow (elfo de pel negra) xefe dunha banda de mercenarios e moi excéntrico.

Proxecto PaleoUDC

[editar | editar a fonte]

Dende aquí se pode acceder ós artigos que fixemos na Wiki de Paleo, e que comprometémonos a traducir ó galego. Só vos quero deixar clara unhas cousas:

  • No caso dos artigos que xa existían na Galipedia, hai que engadir só a información que non teñan.
  • Para tódolos artigos, a forma de escribilos na Wikipedia é diferente do que facíamos en Wikispaces, que era un sitio gratuito cun sistema diferente. Podedes escribir os artigos como queirades, obviamente, pero é moi sinxelo que sexan corrixidos por outros usuarios (e rápidamente) se non están correctamente escritos: se levan escrita a tabla de contidos (que aparece automáticamente), se non levan enlaces internos a outros artigos da Galipedia ou se o artigo non está encuadrado nunha categoría, ou simplemente se alguén lle quere engadir información, será corrixido. Por iso escribin abaixo esa "Guía" para colaborar nas Wikipedias. Se non entendedes algo, preguntade na páxina de discusión, que me explico moi mal xD.

Deixo aquí os enlaces ós artigos nos que deberemos colgar a información;

  1. Charles Lyell (COLGADO)
  2. Uniformismo (COLGADO)
  3. Fosildiaxénese (COLGADO)
  4. Bioestratinomía (COLGADO)
  5. Lagerstätte (COLGADO) (o seu plural é Lagerstätten) (non existía na Galipedia)
  6. Cronoestratigrafía (COLGADO)
  7. Equilibrio Interrompido (este artigo xa foi colgado na Galipedia en Febreiro de 2007. É máis extenso que na Wiki de Paleo, aínda que lle faltan cousas).
  8. Especiación (COLGADO)
  9. Neodarwinismo (Falta MOITA información. Xa foi colgado na Galipedia en Xullo de 2005, e non sufriu cambios dende xullo de 2006).
  10. Cladoxénese (xa foi colgado na Galipedia en agosto de 2006; ten a mesma información que na Wiki de Paleo)
  11. Anaxénese (xa foi colgado na Galipedia en agosto de 2006; a mesma información que na Wiki de Paleo)
  • Colgados e Wikificados (cumpren as regras da Wikipedia): 1, 2, 3, 4, 6 e 8.
  • Non existe artigo aínda: 5
  • Xa existía artigo na Galipedia, aínda que con información lixeiramente diferente á da Wiki de Paleo: 7, 9, 10 e 11.

Podes comprobar o historial dos artigos para ver as modificacións que sufriron.

Aínda que os términos estean colgados, calquera pódeos editar; se tedes interés, podedes completar información coas wikipedias doutros idiomas (en concreto, a Inglesa soe estar bastante completa).

Guía básica para colaborar nas Wikipedias (versión Beta xD)

[editar | editar a fonte]

Esta é unha guía para principiantes nas Wikipedias. Se xa coñeces o procedemento para escribi-los artigos, os códigos informáticos e demáis, non a leas. Se non, isto pódeche servir de axuda.

Para os que esteades acostumados á Wiki de Paleobioloxía, o sistema das Wikipedias é moi diferente do que empregábamos en Wikispaces, así que vou recopilar neste espacio persoal os pasos a seguir para colgar un artigo nunha Wikipedia. Se nunca escribiches nas Wikipedias, o meu consello é que fagas probas cambiando a páxina seguinte: Wikipedia:Zona de probas, que podes editar ó teu gusto para ver se o estás a facer ben.

De tódolos xeitos, a mellor forma de aprender a manexa-la Wikipedia é editando artigos destacados e ve-lo código que se empleou neles; déixovos exemplos doutras Wikis onde se poden ver todo tipo de códigos:

Se tedes algunha duda, preguntádema na páxina de discusión.

Comecemos polo básico:

O rexistro na Galipedia é opcional, isto é: podedes editar a maioría dos artigos (aínda que non esteades rexistrados), agás os seguintes:

  • Artigos semiprotexidos: só poden modificalos usuarios rexistrados con ó menos 100 edicións.
  • Artigos protexidos: só poden modificalos os bibliotecarios (administradores).
  • Votacións: só poden votar usuarios rexistrados con ó menos 100 edicións (as votacións soen ser para decidir borrar artigos de dudosa interese ou moi mal feitos, ou pola contra darlle a categoría de "Destacados").

Se preferides crear ou editar artigos sen rexistrarvos, no historial do artigo aparecerá a dirección IP do voso ordenador en vez do voso nick.

Crear un artigo (=páxina da Wikipedia)

[editar | editar a fonte]

No caso dos artigos da Wiki de Paleo, basta con pinchar no enlace correspondente que vedes arriba (Ex.: Pinchar en Cronoestratigrafía para crear o artigo de Cronoestratigrafía). É así de sinxelo.

Para os demáis artigos, pódese facer de dúas maneiras:

  1. Fácil: Pinchar nun enlace de cor vermello (Ex: Arilyn Hojaluna). Éstes indican que a páxina á que enlazan aínda non está creada.
  2. Moi fácil: Buscar (no buscador da Wikipedia) o artigo que queremos crear. Se non existe, abrirásenos unha web onde lemos o seguinte: "Non hai ningunha páxina titulada "Especiación". Pode crear a páxina". Pinchamos en "Crear a páxina"

IMPORTANTE: os nomes das páxinas deben crearse coma se se atopasen nunha enciclopedia, coa primeira letra maiúscula, e cos acentos correspondentes.

Editar artigos

[editar | editar a fonte]

Ó premer na pestaña "Editar", veredes un menú coma o seguinte:

Cando premas nun dos iconos aparecerá un código característico; éste é o seu significado:

  1. Negriña: emprega este '''código''' para escribir texto en negriña.
  2. Cursiva: emprega este ''código'' para escribir texto en cursiva.
  3. Enlace interno (=ligazón interna): emprega este [[código]] para escribir enlaces a outros artigos da Galipedia. Exemplo: Código. Máis información en Enlaces internos (=ligazóns internas)
  4. Enlace externo: emprega este [http://www.xxx.zzz código] para escribir enlaces a outras paxinas que non sexan da Galipedia. Exemplo: Paleofreak. Enlaces externos e referencias
  5. Título de apartado: emprega este == Código == para escribir o artigo dun apartado. Cantos máis signos igual (=), menor categoría tendrá o apartado: para crear un apartado pequeño, engade un signo = a cada lado (=== Código ===), etc...
  6. Imaxe: ver Imaxes
  7. Multimedia: este [[Media:Código]] non é necesario normalmente.
  8. Fórmula matemática: este <math>Código</math> non é necesario normalmente.
  9. Ignorar o formato Wiki: emprega este <nowiki>Código</nowiki> para que se vexa nun artigo coma éste o código necesario para escribi-lo. Na maioría dos artigos non é necesario.
  10. Firmar: emprega este código --~~~~ para firmar sempre que escribas nas páxinas de discusión, ou nas votacións, pero NUNCA nos artigos.
  11. Liña horizontal: emprega este código ---- para crear unha liña horizontal que divida o artigo en dúas partes. Baixo o meu punto de vista, queda horroroso, pero gustos hai para todo.

As listas de datos escribiránse da seguinte maneira:

  • Para que a lista apareca con cuadrados, deberáse comezar cada párrafo cun asterisco (*).
  1. Para que a lista apareca con números, deberáse comezar cada párrafo con almohadilla (#).
Para que a lista apareza sen símbolos, deberáse comezar cada párrafo con dous puntos (:).

IMPORTANTE: NUNCA comeces un párrafo cun espazo. De facelo, sairache algo así:

O texto aparecerá dentro dun cadro coma éste.

Índice ou táboa de contenidos

[editar | editar a fonte]

NON a escribas. A táboa créase automáticamente se divides o artigo en máis de 3 apartados ou subapartados. Sen embargo, hai 3 códigos relacionados con estas tablas:

  • Se o artigo non ten apartados suficientes, pero queres que apareza a táboa, emprega __FORCETOC__ (ó comezo ou ó final da páxina) para que apareza á forza.
  • Se prefires que a táboa apareza nun lugar diferente ó habitual, emprega __TOC__ onde queiras que apareza.
  • Para que NON apareza a táboa de contenidos, emprega __NOTOC__

Enlaces internos (=ligazóns internas)

[editar | editar a fonte]

O ideal é enlazar ó máximo número de artigos da Wikipedia, pero só unha vez cada un. Exemplos de enlaces:

Cando enlaces un artigo, asegúrache de escribir correctamente o nome dese artigo, coas maiúsulas e minúsculas correspondentes, e cos acentos que lle toque. Por exemplo, para enlazar ó artigo Bioloxía, non serven os enlaces: [[Biología]], [[Bioloxia]], [[BIOLOGÍA]] ou [[Biologhía]].

Algunhas curiosidades dos enlaces internos das Wikipedias:

  • Ás veces, a web que queredes enlazar non ten o mesmo nome exacto que o que escribides no texto. Por exemplo: se queredes dicir que Stephen Jay Gould é neoiorquino, para enlazar a Nova York usades o símbolo AltGr+1 -> barra vertical (|) da forma seguinte:

[[Nova York|neoiorquino]]

  • Se queredes enlazar un apartado concreto dentro dun artigo, sexa dentro de mesmo artigo, ou noutro (coma, por exemplo, o apartado Proxecto PaleoUDC deste mesmo artigo) usades o símbolo AltGr+3 -> almohadilla (#) da forma seguinte:

[[User:Jarlaxle#Proxecto PaleoUDC|Proxecto PaleoUDC]]

Enlaces externos e referencias

[editar | editar a fonte]

No exemplo que vimos arriba, para enlazar a unha páxina que non sexa da Wikipedia (exemplo: Paleofreak) hai que poñer o texto da seguinte maneira: [http://paleofreak.blogalia.com Paleofreak].

Se non escribes o texto do enlace, no seu lugar aparecerá un número (de maneira que iránse ordenando tólolos enlaces sen texto do artigo. Exemplos: [http://paleofreak.blogalia.com] -> [1].

O caso das referencias é un pouco distinto. Se no medio do artigo queres dar ó lector o enlace ou a publicación da que sacaches a información como referencia, o mellor é que fagas o seguinte: cada vez que haxa una referencia, escríbea da seguinte maneira: <ref>Nome da publicación escrita coma nun artígo científico; ou enlace a unha web</ref>.

E, ó final do artigo, creas un apartado e escribes o seguinte código para que se xunten tódalas referencias: <references />

Podes comprobar cómo quedou no artigo de Fosildiaxénese.

Enlaces ás outras Wikipedias

[editar | editar a fonte]

Se o artigo existe noutras Wikipedias, podes incluir enlaces a éstas. Pero tranquilo, non é preciso que consultes as 7658654 wikipedias en outros tantos idiomas: busca o artigo en inglés na Wikipedia Inglesa (ou en español na Wikipedia Española) e pincha en Edit this page (Editar) ou View Source (Ver Código Fuente). Veredes que ó final do artigo, probablemente haberá escrito algo semellante ó que ven a continuación, atopado na Wikipedia inglesa:

[[ca:Charles Lyell]]
[[da:Charles Lyell]]
[[de:Charles Lyell]]
[[el:Κάρολος Λάιελ]]
[[eo:Charles Lyell]]
[[fr:Charles Lyell]]
[[hu:Charles Lyell]]
[[it:Charles Lyell]]
[[ja:チャールズ・ライエル]]
[[nl:Charles Lyell]]
[[pl:Charles Lyell]]
[[pt:Charles Lyell]]
[[sk:Charles Lyell]]
[[sv:Charles Lyell]]
[[zh:查理斯·萊爾]]
  • Copia o código TAL CAL no teu artigo, e engádelle o código da Wikipedia de onde o copiaches:
[[en:Charles Lyell]] (se é inglesa)
[[es:Charles Lyell]] (se o sacaches da española)
  • Os enlaces ás demáis Wikipedias deben estar por orden alfabético, coma no exemplo.

Categoría

[editar | editar a fonte]

Ó remata-lo artigo, é preciso encuadralo nunha categoría EXISTENTE, para que outros usuarios podan acceder máis facilmente a el e melloralo; o enlace á categoría aparecerá ó final da páxina. Se non existe a categoría e cres que é necesario crea-la, podes face-lo tendo en conta que o seu nome debe ser sempre da forma: Category:Nome da categoría.

Para incluir un artigo, por exemplo, na categoría Paleontoloxía, debes escribir ó final da páxina: [[Category:Paleontoloxía]]

No caso da Wiki de Paleo, algúns artigos pódense incluir na Category:Xeoloxía (Ex: Charles Lyell), outros en Category:Paleontoloxía (Ex: Fosildiaxénese), e outros en Category:Evolución (Ex: Neodarwinismo).

Importante:

  • Se un artigo está nunha categoría (Galicia) non debemos inclui-la nas categorías superiores (España, Europa, Terra, Sistema Solar).
  • Pero sí poden incluirse en varias categorías, se unhas non están contidas noutras: Cyanobacteria inclúese nas categorías Microbioloxía e Botánica.

Para enlazar unha categoría desde o artigo, sen incluir o artigo nela (por exemplo, para enlazar a Category:Paleontoloxía), emprega os dous puntos (:) da forma seguinte: [[:Category:Paleontoloxía]]

Máis información

[editar | editar a fonte]
Orthoceras sp.

Non se poden enlazar imaxes a páxinas externas (que non sexan do proxecto Wikipedia).

Se pensades colgar algunha imaxe no artigo, a Wikipedia ten un arquivo moi grande delas na súa sección Commons. Como non queren problemas coa SGAE e demáis, só se poden subir imaxes feitas por vos ou que sexan de licencia libre, é dicir, que o autor permita expresamente a copia: exemplos desas licencias son Creative Commons e GNU. Se subides una imaxe con copyright sen permiso, será borrada, así que o mellor é que se queredes poñer imaxes busquedes no arquivo de Commons, que é bastante grande, antes de subir algunha.

A imaxe do exemplo é unha das fotos de fósiles que saquei nas práticas da asignatura de Paleobioloxía. Para que apareza a imaxe desa maneira, hai que escribi-lo código seguinte:


[[Image:Orthoceras sp.4 - Fosil.JPG|250px|thumb|left|''Orthoceras'' sp.]]

O significado do código é o seguinte:

  • Image:Orthoceras sp.4 - Fosil.JPG: nome COMPLETO da imaxe atopada en Commons.
  • 250px: tamaño da imaxe. Podedes aumentar ou diminui-la cifra ó voso gusto se vedes que a imaxe non ten o tamaño que queredes.
  • thumb: serve para que a imaxe esté dentro dun recadro.
  • left: para que a imaxe aparezca á esquerda; obviamente, se queredes que aparezca á dereita, poñede right; e para que esté centrada, poñede center.
  • Orthoceras sp.: pé de foto. Poñede o texto que querades.

Por certo, tiña pensado subi-lo resto das fotos, pero como son 106 164 en total, levarame bastantes meses (as recopilarei na miña páxina de Usuario de Commons)

Máis información:

[editar | editar a fonte]