Usuario:LuzSall
O seguimento ocular é o proceso de medir o punto de visión (onde un está ollando) ou o movemento dun ollo con respecto á cabeza. Un rastrexador ocular é un dispositivo que mide as posicións do ollo e os movementos oculares. Os rastrexadores oculares utilízanse na investigación do sistema visual, en psicoloxía, en psicolingüística, en mercadotecnia, como dispositivos de entrada na interacción humano-ordenador, e no deseño de produtos. Ademais, os rastrexadores oculares están sendo cada vez máis utilizados para aplicacións asistenciais e de rehabilitación, como no control de cadeiras de rodas, brazos robóticos e próteses. Recentemente, o seguimento ocular foi examinado como ferramenta para a detección precoz do trastorno do espectro do autismo. Existen varios métodos para medir os movementos dos ollos, sendo a variante máis popular o emprego de imaxes de vídeo para extraer a posición dos ollos. Outros métodos usan dispositivos de campo magnético ou baséanse nos electrooculogramas
No século XIX, os estudos de movemento ocular facíanse mediante a observación directa. Por exemplo, Louis Émile Javal observou, no 1879, que a lectura non implica un varrido suave dos ollos ao longo do texto, como se supoñía anteriormente, senon unha serie de paradas curtas (chamadas fixacións) e saltos rápidos (sacadas).[1] Esta observación suscitou importantes cuestións sobre a lectura, cuestións que se exploraron durante o século XX: En que palabras se paran os ollos? Durante canto tempo? Cando regresan os ollos ás palabras xa vistas?
- ↑ Reported in Huey & 1908/1968